Lauren Dukoff

Prestoume a mirada desde o backstage da californiana Lauren Dukoff

Prestoume a mirada desde o backstage da californiana Lauren Dukoff

Fran Alonso é un dos escritores galegos mais participativos na rede. Agora ven de estrear o seu domicilio virtual. Un completo espazo onde trata de abranguer todo o relacionado coa sua faceta de escritor.
Un máis que loabel esforzo, e que sen dubida marca o caminho a seguir a outros autores. E todo é do it your self. E precisamente por iso non me vou por repunante co tema do desenho [ un formato blog numha plantilla blogger estandar; eu mudaría iso, mais son exquisito de máis]
Por certo que confeso que de Alonso apenas lin Trailer , ainda que gardo unha moi boa lembranza dela, así que tentarei solucionalo de contado.

Andrés Arenas, fotógrafo da banda de Colombia altamente recomendabel

Un dos mellores blogues que leo, anda con umha xeira de posts para evitar que o verao nuble a nosa vista. Coido que é umha idea caralluda. Mais nunca gostei falar en exceso de política no CCCP [ainda que o senhor do citroen vaime facer mudar de opinión] Así que coa mesma motivación recomendo darlle umha vista de ollos aos documentais do programa de RTVE El escarabajo verde [isto é un verdadeiro servizo público]
Achtung: o visionado destas pezas conleva un grave risco de encabronamento!!

Tou numha tempada de blogueo de baixa intensidade… Ando de ferias recreativas, e penso que os meus relatos de paseos por cantís e ríos non dan para xerar contidos para o CCCP [cousa que si fan moi ben outros]
Mais, como pseudocultureta que son, non podo permitirme este tipo de ocio, así que coidei que era umha boa opción a que propón o ladrilho. Asi que venho de reservar en Ryanair a pasaxe para ir ver a expo do Barnsky.
E logo, aproveitando que ando por alí, pode que colla un ferry desos…
Canta razón tinha o Heráclito, os formatos e os xéneros fluen!
A peza, que confeso que non me presta en absoluto, é de Sour
[vía no recomendable]

Ando tan empolado estes días que non deixara eiqui o texto do manifesto impulsado por Bragado & Baamonde [Para deixar constancia de adhesión pública ao mesmo, compre mandar un mail a galegopatrimoniodahumanidade[arroba]gmail[punto]com indicando nome, dous apelidos e profesión]
GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que formaba parte dos consensos básicos sobre os que se articulaba o autogoberno de Galicia, que o idioma galego era merecente dunha especial protección por parte dos poderes públicos. Ese valor partía da subordinación histórica dun idioma que foi sempre o das maiorías populares pero que tamén estivo sempre discriminado ou proscrito, salvo nos períodos en que Galicia e España gozaron da democracia. A liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron historicamente da man.
A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán. Os que tal sosteñen queren evitar a presenza do galego nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas.
Esa é a letra e o espírito da Constitución, do Estatuto de Autonomía, e da vixente Lei de Normalización Lingüística. As sentenzas do Tribunal Constitucional así o confirman. Porén, o PP saíu do consenso. Pero gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país.
A sociedade galega que sente aprecio cara á súa lingua -independentemente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente- debe reclamar unha volta do PP a un terreo común, así como mostrar o seu acordo coas políticas de afirmación positiva para o idioma galego, que o propio PP impulsou desde a Xunta, e que non buscan senón a súa protección. O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e de creación.

Fun ver Pagafantas e gostei. Tampouco é que comparta o entusiasmo que ando a ler estes días. Mais si me fixo pasar un bo rato. Tamén compre reconhecer que nace dun vicio que sempre critico no cinema espanhol. Tirar de xente da televisión para facer filmes. Pero se a xente da tele son os de Vaya Semanita, Muchachada Nui, etc… a cousa muda, non é? Ademáis eu sempre fun un luser desos, así que a indetificación co prota é mais doada [ eiqui podedes comprobar se tamén pertencedes ao clube dos down to two candles]
En fin, que se ides vela , umhas risas botades fixo

Onte a noitinha estiven a ver esta recomendabel reportaxe sobre os últimos momentos de Salvador Allende. Alen de datos concretos, non me aportou moitas cousas novas pois eu xa tinha claro que morrera en combate [é irrelevante de onde sairan as balas] O caso é que o caso do Presidente de Chile é dos que máis me acongoxan [ impresionante o seu improvisado derradeiro discurso cando xa estaba cercado] e sempre que reparo nel remato co demo no corpo… E dandolle voltas a cabecinha pensando que a historia sempre repite os mesmos erros e inxustizas … e o feliz que eu tería sido se tivera nacido coas ideas reviradas cara o outro lado…

Mais umha aportación baril ao blogomillo. Desde a capital do imperio pequeno, pura fusión galician-style.
Fica poderosamente recomendado!
Descrubrín como evolucionan neotradicións galegas das que xa tenho falado. Fixadevos na valla do medio da fila superior [premede na imaxe para ver con mais detalle]
