Lina Scheynius

Gostei moito do traballo de Lina Scheynius

Gostei moito do traballo de Lina Scheynius

Con Blankets de Craig Thompson descubrín que seica vou ser un apaixoado seguidor das autobiografías en banda desenhada. E digo isto porque desfutei do libro como fixera no seu momento con Heroe de Flix. E iso que ambas tenhen estilos e tecnicas diferentes, e que a vida dun tipo da Alemanha pouco ten que ver coa dun raparigo da América profunda. Iso si, os autores de comics semellan ter un nexo común, a paixón polo desenho e a súa utilización como vía de escape nos tempos duros da mocidade.
En definfiva, o que quería dicir é que me presotou o libro
[que barís son as visitas á biblioteca da sita Trivia!]

Estreamos sección[e vai ti a saber se terá continuidade]. O choio é que acotío acho videos caralludos nos blogues doutra xente ,mais dame reparos andar a fusilalos eiqui. Así que decidín de cando en cando facer pequenas escolmas coas ligazóns dos máis molóns. Escomencemos pois:
#1 The man who walked arround the world. Anuncio de JohnieWalker nun son plano de secuencia de seis minutos [perfectamente coreografiados], protagonizado por Robert Carlyle [vaia sotaque!] e onde aparece umha gaita ourensá!!
#2 Muto, umha impresionante stop motion a base de grafittis de blu, que achei vía Kruzul
#3 O teaser de A Xanela , que descubrin na de Sechu, onde tamén hai umha entrevista coa sua autora [e mira que ninguen lle dixera a esta rapariga que a cultura galega esta ben pero limita]
#4 Green Porno, sexo animal con Isabella Rosellini que vin grazas a trivia [ quen dixo que as rapazas non gostaban do porno???]
#5 La lingüistica y el nacionalismo lingüistico español, conferencia de Juan Carlos Moreno Cabrera , o video que non liguei en xunho [e debín de ser o único do blogomillo], 4o imprescindibles minutos de sentido común
A revolución non seá televisada… mais de seguro que logo estará no Youtube [ ou no vimeo se o tipo que o colgue ten un mínimo de criterio]

Houzam acudan ao cine a ver agallas!!!
CIne negro, amientando na Galiza, con Carmelo Gómez, un mollabragas da tele e outros grandes actores…
Tades avisados!
[eu ainda non fun, mais solucionareino de contado]
E finalmente esta preciosa cola, de mais de duas horas e media de duracion, foi todo o que vin da mostra de Bansky en Bristol que nos propuxeramos ir ver.
O tempo deulle a razón a Jaure, como a zanussi
[premede na imaxen se a quredes ver mas grhande]

Umha das cousas confesables que fixen estes meses foi ler, e disfrutar de, A praia dos Afogados de Domingo Villar. E abofé que suscribo todo o se escribiu sobre ela en apnea no seu día. Ademáis de parecerme que é unha xenealidade narrativa, penso que é moi instructivo sobre certas realidades galegas . Neste senso cobra relevancia a figura do aragonés Rafael Estévez, [ Mais lamentablemente a día de hoxe hai moitos galegos que son máis alleos a súas raíces que o propio Estévez ]
Daquela eu xa pensara nos paralelismos que a saga de Leo Caldas podía ter coa do sueco Larsson. Mais non me atrevin a comentalo… e agora en Vieiros saen co mesmo, asi que retomo o meu argumento:
Se queren introducir a alguen na leitura en galego agasallen un Villar!
