CCCP

Novembro 30th, 2009

Milocha

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

A milocha é umha tipografía do Ze Pequeno

Novembro 30th, 2009

Eric Lusito

Posted by W. Sobchak in Fotografía

O francés Eric Lusito retrata con moito aquel a ferruxe dos restos do imperio soviético alén do telón de aceiro.

Novembro 30th, 2009

Baixo a auga

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Xa tinha escrito por aquí que devecía por ver La noche que dejo de llover. Mais finalmente ningún cinema das múltiples vilas onde resido parcialmente estreou o filme [seica o balompé non deixou pantallas baleiras]. Así que acudimos, virtualmente,  a filmotech e cometemos a extravagancia de pagar por ver umha peli na rede.

O filme non me acabou de convencer. Pero non vou entrar en sesudas análises, que para iso hai xente mellor preparada. Obviamente ten cousas boas e outras peores. Máis na minha opinión ten umha moi amolante. O ano pasado, dento do evento que xa non se celebra, asistín a umha charla da xente de Cinemar, os responsables do desenho sonoro da obra. Comentaron como o director lles pediu que quería transmitir a idea de estar somerxidos baixo a auga. Pois abofé que o fixeron, de vez!… E pasáronse tanto que durante toda a metraxe sofres como ese efecto “asulagador” perfora os teus tímpanos, chegando a ser un auténtico suplicio. Mesmo deixei de percibir bastantes diálogos por mor desa aposta estética.

Queridos artistas e creadores en xeral, sentidinho plis!

Novembro 27th, 2009

O xeito do Jevi

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”USziGwn2Hmw” width=”450″ height=”350″][/gv]

De malandromeda xa temos falado aquí. Mais a raiz deste video desde o politburo consideramos imperioso espallar a opinión da fermosa LilithEu sempre o dixem: é o melhor rapeiro da Galiza com diferencia. E do Império Pequeno… of course. Tudo isto sem exagerar o mais mínimo, penso-o de verdade. As bases som a ostia, as letras k-ralhudas e o seu xeito (flow para os modernos) o melhor de Malandromeda.” [agardemos que Lilith  non se enoxe por facer pública parte da nosa intensa realación epistolar virtual]

O vídeo esta extraído de OpaChavales.com,  site do que non podo opinar xa que está nun código lingüístico inentelíxebel para min

Novembro 26th, 2009

Zapping CCCP

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Internete

#1 Umha visión alternativa da piratería no Indico, por se queda algún despistado sen velo [piratas somos tod@s]

#2 Piggeon: Impossible umha divertida curta en 3D  [ Estes dous videos son vía Miss Trivia]

#3 Lo Siento, Te quiero a primeira curta de Leticia Dolera . Vía o blogue do seu productor

#4 O Cerco,  umha curta amateur [quen o diría] de Martiño Vázquez da que me lembrei hoxe [hai que disfrutar de flocos antes da súa extinción]

#5 Os Crebinsky. O trailer máis agardado do cinema galego, seica.

Novembro 25th, 2009

Aaron Feaver

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Aaron Feaver é un fotógrafo e desenhador da banda de California que captura a luz coma se fora escandinavo

Novembro 25th, 2009

3º aniversario da gloriosa revolución

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

Pois nestas datas hai tres anos que inauguraba este pantano con un post sobre un bonito concerto. A día de hoxe o CCCP xa se converteu numha teima persoal. E tendo en conta o obsesivo que é W. Sobchak sospeito que hai blogue para rato.

Resúltame curioso ver como hai un ano rosmaba contra redes sociais que morreron sepultadas baixo a ditadura do fesibuk. Un sistema que fai a rede un sitio máis banal e endogámico. Mais como explica dun xeito espelido María, case que parece un mal ineludíbel. Eu mesmo levo uns días comprobando se o que dicía Manuel é certo, e se pode ter algún tipo de valor como lector de rss.  Aínda que sospeito que me vou aburrir de contado.

E no referido ao blogomillo. Hai quen lle chama blogomorgue, pois eu non concordo. Como a enerxía apenas se tranforma. Precisamente estes días ando a descubrir un utiliísimo meme, umha apaixoante iniciativa de microliteratura e un interesante blogue.

Keep on blogging!!

Novembro 24th, 2009

Avidesa

Posted by W. Sobchak in Wonderful World

un apolo de amorodo, plis!

Novembro 24th, 2009

Julien Pacaud

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Prestoume de vez o punto collage do ilustrador francés Julien Pacaud

Novembro 23rd, 2009

Corey Arnold

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Pois Corey Arnold éche un fotógrafo mariñeiro  da banda da Alaska, que fai un impresionante traballo de documentación da vida a bordo.  Xa prestaba invitalo a que documentara a flota galega, antes da súa extinción…

[xa sei que calquera mente normal situaría de B.S.O do post calqueira tema do Capetón, mais eu non paro de cantar mentalmente ” O incrible Bestilleiro” e suponho que será pola duplicidade “heavi e panadeiro“]

Novembro 20th, 2009

Dime algo sucio

Posted by W. Sobchak in Livros

Gostei moito do último libro de Diego Ameixeiras. Umha novela das que che fan gozar. E non vou engadir moito máis, que non son eu moito de facer comentarios de texto. O que si quería decir é que o autor  semélla o paradigma de escritor que aprende o oficio, pois o nivel dos seus libros vai medrando exponencialmente.

Eu linno en analóxico [en papel] mais do título estáse a falar porque é dos primeiros e-books en galego. E a minha dubida é se nese formato tamén te agasallan con umha portada tan chula como a de Fran Herbello.

[por certo  seica van sortear un exemplar na de besbe]

Novembro 19th, 2009

Sonora 09 V2.0

Posted by W. Sobchak in Música

Onte vivín o meu primeiro choque cultural como aldeán emigrante no menisco de un mamut. Fun ata o CUVI ao festival Sonora. Xa conhecía o lugar, mais nunca deixarei de sorprenderme con semellante monumento ao formigón no medio e medio do monte.
Comezaron, tarde, The Rock & Roll Shits. Este é un trío formado por tres jichos [tou a integrarme en Vigo] , Stanley BRinks, Freschard e Ish Marquez,,  que seica son reconhecidos nalgún dos universos culturais undergrounds máis cools deses. Non sei se a súa  proposta  [Umha guitarra, voces e umha pandeireta]  é  pretendidamente naif , umha brincadeira, ou algo tan vangardista que o meu pobre intelecto non pode asimilar. Que conste que non foi desagradable, mesmo ela ten umha fermosa voz.  Mais eu non entendín nada do que estaba a pasar.

E despois saíron I am Kloot [myspace]. Umha banda de Manchester con máis de umha década de traxectoria e da que eu nunca oíra falar. Que conste que eu era unha excepción, porque na pequena pero selecta audiencia [ segundo eles mesmos] había moito seareiro con ganas de escoitalos. Como dixo a minha acompañante, que tampouco é nativa da Cidade máis e moito máis cosmopolita ca min, isto fan “rock do de toda a vida”. E ademais tocan moi  ben. Así que gocei do seu concerto 100% british. Aínda menos mal.

Posteriormente, como bo aldeán, perdinme… mais iso xa é outra historia

[Por certo, que a foto é de onte dos I am Kloot e podese premer nela e tal…]

Novembro 19th, 2009

Mario Zanaria

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Hai tempo que non posteo sobre fotografos en branco e negro, así que aqui deixo o portafolio e o photoblog de Mario Zanaria

Novembro 18th, 2009

Nadav Kander

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Nadav Kander é un fotógrafo de orixe israelí, criado en Sudáfrica e que vive en Londres. Ten un extenso e variado portafolio que paga a pena visitar

Novembro 17th, 2009

Sizzler

Posted by W. Sobchak in Wonderful World

O sizzler este ano non viu ao San Froilán… Umha magoa!

[premer na imaxe para agrandar]

Páxina seguinte »