novembro 12th, 2009

Loberno

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

Hoxe preguntaronme se sabía o que era un loberno, e non tinha nin idea… Pois seica loberno era como se lle chamaban por aquí  aos linx linx que probablemente andaban polos nosos montes
E así  descubrin umha desgraza doble, cando umha especie desaparece  canda ela tamén  esvaece umha palabra…
Repoboación xa!

[a foto quiteina de aquí]

4 Responses to ' Loberno '

Subscribe to comments with RSS

  1. Lilith said,
    on novembro 12th, 2009 at 5:26 pm

    ¿Como que Loberno? ya esán los gayeguistas inventando cosas, aquí te fue Lince de toda la vida.

    hehe

    because!

  2. signatus said,
    on novembro 13th, 2009 at 6:27 pm

    Eu tampouco sabia, mas é:

    http://estraviz.org/loberno
    (1) Lobo-cerval.
    (2) Lobicám.

    http://estraviz.org/Lobo-cerval
    O mesmo que lince.

  3. desorde said,
    on novembro 13th, 2009 at 9:35 pm

    Pero hai un erro. A especie que había aquí era o “lince ibérico” é diciro Lynx pardina que é o queda en 4 sitios de Andalucía, Castela La Mancha… trátase dun endemismo ibérico e o felino máis ameazado do mundo. No Bierzo hai documentada algunha presencia ainda da especie a mediados do S XX. O Lynx lynx é o lince boreal presente en moitos países de Europa que non está en perigo de extinción salvo puntos concretos e que difire notablemente do Ibérico tanto na morfoloxía como na ecoloxía.
    A día de hoxe é quimérico plantexarse que esta especie volva a Galicia: os hábitats xa non son axeitados nin remotamente….

  4. W. Sobchak said,
    on novembro 15th, 2009 at 10:58 pm

    Signatus, abofé que o que non este no estraviz non está en ningures!

    Desorde, partamos da base que os meus conhecementos de natureza tenden a cero. Eu tamén pensei que sería o loberno ibérico, máis insistironme en que era o boreal. Mais eu non che podo explicar mais.
    Pero obrigadinho pola explicación!

Deixar unha resposta

:mrgreen: :neutral: :twisted: :shock: :smile: :???: :cool: :evil: :grin: :oops: :razz: :roll: :wink: :cry: :eek: :lol: :mad: :sad:


Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.