CCCP

Decembro 23rd, 2009

Ataque de pánico

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

[gv data=”wOv_o0OpnpY” width=”450″ height=”350″][/gv]

En que consiste  a democratización dixital? Pois que (por un poucos centos de $)  os alieníxenas destrúan Montevideo coa mesma calidade coa que destruirían calquera cidade do Imperio Grande… E que mesmo  a industria do imperio acabe abducíndote

Decembro 23rd, 2009

Chinchín por Os da Ría

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

Lamentablemente os agoreiros ruxeruxes fixeronse certos . O vindeiro 8 de xaneiro [sexta feira] na Nasa terá lugar a derradeira aparición dos míticos “Os da ría“.   Corto e colo a información de tan poderoso evento [extraído do feisbuk] que non debedes perder:

Despois de máis de unha década rubidos a esceários de todo tipo e condición en a Galicia e en fora de ela, de compartillar cantareliñas con as máis grandes cupletitas de alén de os mares, Os da Ría, endespídense de os escearios para emprender novos proxectolos en o artístico e en o personal.

Unha noite especial na que non faltarán os seus grandes xites: Infanta Elena, Chinchín polo borrachín do pueblo, Alberto Núñez Feijoo, Miguel Delibes, Hoxe é o día do viño tinto, Cando Fas Pop non hai stop, Caramba que guapa estás, Galicia…

Un espectáculo con:
Arturito: Carlos Meixide
Fabián: Tomás Lijó

e o grupo electromagnético:
Suso Pián: Suso Alonso
Eneko: Xabier Olite

Máis vos vale acudir que logo apenas nos quedaran os videos do youtube!

Decembro 23rd, 2009

Grandes mitos de onte e de hoxe

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

mitosdeonteehoxe

Os amantes da fanstasía e a ciencia ficción están de noraboa. Aos grandes clásicos de O neno morcego e O jicho que regala droga as portas dos colexios, ven de engadirse un espectacular pesonaxe colectivo:  Os  seareiros forzados da seleción galega [ sen dubida será un grande exito, xa que é dos creadores de O home discriminado por falar castelán en Galicia]

Eu xa non sei se estes tipos son moi ruíns ou moi parvos…

Decembro 18th, 2009

Coma punhos!

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

Espero que o  moinante disimule a molestia de terlle plaxiado o título do seu post de hoxe. Mais ten máis razón que un santo. Das veradades, grandes coma a man de Ali, que dixo o Sr. Barreiro quero  salientar ista:

“Un dos grandes erros é pensar que o galego só se tramita a través do ensino. A lingua está en todo”.

Evidentemente a rapazallada ten que aprender a lingua, mais sobre todo ten de decidirse a falala e a escola para moitos cativos  dista moito de prestixar nada socialmente

E tamén ten moita razón Pereiro cando no diario independiente da manha di o seguinte:

“Ao parecer era asumible que Galicia fose gobernada polo ex ministro dunha ditadura durante 16 dos seus 28 anos de existencia como comunidade autónoma, pero non o é que un comunista e independentista encabece unha institución cultural”

En fin…Provincianos!

Decembro 17th, 2009

Joshua Longbrake

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Joshua Longbrake é un da banda de Seattle que consigue converter a vida cotidiana nalgo fermoso de vez

Decembro 17th, 2009

No subsolo

Posted by W. Sobchak in Música

Mentres a Gz visíbel e oficial cada vez se volve máis provinciana e casposa de salón sigue a haber vida no subsolo deste país orgullosamente aldeán

Estes días temos boa proba delo coa presentacion conxunta dos Carminha e os Homens, a edición  do novo de Capitan Furilo, e a aparición de novas bandas como os carrero bianco [ manha actúan en Trasancos] e a nova esparanza branca do bizzarismo galaico!  [e mentres hai vida…]

[A imaxe tireina  de eiqui]

Decembro 16th, 2009

Tim Jones

Posted by W. Sobchak in Fotografía

tim_jones

O de Tim Jones é un exemplo dos flickr [mode goldin] que gosto de visitar

Decembro 16th, 2009

Zapping CCCP

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Internete

#1 Ten Thousand Pictures of You Umha de stop motion

#2 Sliimy “Womanizer” outra de Stop Motion esta en formato videoclip

[desta dúas extraviei a vía, disimulen]

#3 Manel “La Gent Normal” Outra de música, que macus son os mercados en Barna ![vía a pintega]

#4 Mar, o cine feito  desde un EIS de Porto do Son [vía mauel rodrigues]

#5- Turista Madrileño, de toda la vida, de Air Galicia (D.U.P.)

Decembro 14th, 2009

Cultura “free”: libre ou gratis?

Posted by W. Sobchak in Internete, Outras lerias

Umha gripe común, das de toda a vida, que aínda me ten asulagado en mocos, tívome estes días desconectado. Mais non quería retomar o CCCP sen  mencionar o tema da pretendida reforma lexislativa sobre os contidos de internet [aínda que asumo que o medio é efémero e iste debate xa é desfasado]

O CCCP asinou o manifesto por dúas cuestións fundamentais. Por unha banda pola aleivosía de colar tal reforma numha lei supostamente dedicada a outros mesteres. Pola outra paréceme sumamente perigoso outorgarlle á clase política española da potestade de fechar sitios web discrecionalmente [miedomeda o que podería pasar]

Mais tamén penso que todos deberíamos reflexionar  un pouco sobre esta orxía do gratis total na que vivimos, e quería deixar algúns apuntamentos inconexos. :

1-Non existe un colectivo homoxéneo de “creadores”, por moito que Jaure insista. Non ten absolutamente nada que ver o mundo do audiovisual, co da musica ou co da edición literaria. Cada un ten modelos de negocio diferentes e terá que afrontar as mudanzas no sistema de xeito distinto. O máis preocupante é o caso do Cine, xa que na música os artistas é evidente que poden achar outras vías de ingreso.

2-Temos que ser honestos. O axioma de  que o P2P non deixa de ser a practica universal de compartir arquivos cos teus amigos pódese aceptar desde unha perspectiva excesivamente benintencionada . E é evidente que estamos a falar de acceso á cultura sen ánimo de lucro.  Mais  tamén temos de reconhecer que hai  páxinas de ligazóns que  están a lucrar do traballos de outros. E parceme lícito que os produtores  de contidos intenten protexerse contra elas.

3-As  políticas de comunicación das sociedades de xestión de dereitos seguen a ser nefastas. O outro día nas xornadas de agapi vin dous exemplos opostos. Por un lado  escoitei  a Juan Carlos Tous de Cameo quen fixo umha exposición chea de sentidiño sobre o difícil da súa situación. En todo momento falou nun ton construtivo e de feito a min convenceume do  das páxinas de ligazóns que citei no punto 2  Pola contra estaba o señor Rafale Sanchez  de EGEDA , quen avanzou teimudamente  no ronsel do mítico sr Farré, continuando co seu discurso censurador, ameazante e criminalizador dos internatutas. Foi curioso ver como ían alporizándose os estudantes que había entre a audiencia. Mal caminho [do que é moi doado facer mofa]

3-Non esquezamos que estamos a falar do libre acceso a cultura. Polo tanto agardo que os políticos tamén sexan valentes e afronten unha reforma dos tempos de vixencia dos dereitos de autor. Por que ao igual que hai xente que intenta vivir honradamente das súas creacións tamén hai moito mercader sen escrúpulos mal acostumado…

Obviamente non aporto solución ningumha… se as tivera xa me estaría presentando a ministro de cultura do imperio pequeno. A parte de que non estou moi lucido cos rinovirus estes

[a imaxe é de Fontdevila, defensor dos dereitos de autor, e brillante humorista]

Decembro 2nd, 2009

Miguel Riopa

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Temos no CCCP moi descuidados aos autores galegos e máis  o fotoperodismo. Así que con Miguel Riopa matamos dous paxaros dun tiro

Decembro 2nd, 2009

En defensa dos dereitos fundamentais en Internet

Posted by W. Sobchak in Internete

Por suposto o CCCP tamén quere asinar o manfiesto contra o intento do goberno de colar umha norma  tan retrógrada a traición, como en tempos pretéritos [afortunadamente tamén  hai vida intelixente deste lado da galaxia]

Maniifesto ‘En defensa dos dereitos fundamentais en Internet’

Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sustentábel de modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…

1.- Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.

2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir a ser competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon nas mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do Ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.

3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, obstaculizando a creación de empresas, introducindo atrancos á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.

4.- A nova lexislación proposta ameaza os novos creadores e obstaculiza a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizáronse extraordinariamente a creación e a emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.

5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a viviren do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posíbel sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían procurar outro modelo.

6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, críbeis e asequíbeis e que se adecúen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.

7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.

8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostíbel e realista de cara ao futuro.

9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do derecho de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e tendo consultado previamente todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.

NOTA: Este manifesto foi redactado conxuntamente por xornalistas, blogueiros e internautas, nunha maratoniana sesión durante a tarde-noite de onte. Se estás de acordo, difúndeo por todas as vías que poidas.

Decembro 1st, 2009

Guy Shield: romántico!

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

O listón do romanticismo  das declaracións amorosas está cada vez máis alto. E se non mirade para o desenhador australiano Guy Shield, quen lle propuxo matrimonio a sua namorada a través de um desenho oculto en varias tarxetas supostamente inconexas… A ver quen é o Sergei Bubka que supera isto!

Vía Drawn

[warning: as ligazóns deste post van todas a páxinas escritas na lingua imperial]

Decembro 1st, 2009

Viralatas

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Vía Commons Baby descubro, con moito retraso, o magazine gratuíto  viralatas . Que a estas alturas exista umha publicación de tendencias, tan ben maquetada, en galego pareceme algo caralludo!

Por certo, que tamén me serviu para aprender que viralatas é como lle dín en Brasil aos cans  mestizos,  que aquí moita xente lles di [incorrectamente] de palleiro