
A web de Yann Faucher lembroume a moitas ás que ligaba nos comezos do CCCP, aló na década pasada…

A web de Yann Faucher lembroume a moitas ás que ligaba nos comezos do CCCP, aló na década pasada…

Algún chío xa deixei, mais quería dicir por aquí que ando cheo, cheinho, de orgullo e satisfacción de que na selección que fixeron en Capitán Demo de Radio 3 [podcast aquí] das mellores do seu concurso de versións de The Clash houbo dúas nesta lingua-muro que teimamos en empregar
Por suposto unha delas é a inconmensurábel Bilingüismo Harmónico [ a terceira do myspace] do Leo i Arremeghona. Espectacular tema que me fixo escachar da risa cando o escoitei por primeira vez en Aberto por Reformas.
E a outra é umha versión de Tommy Gun de Ruxe Ruxe. Era visto que os de Aríns ían acabar gravando esta peza, pois xa hai anos que Vituco síira a cantala cos Samesugas nun mítico concerto na Nasa.
Mais hai que reconhecer que a felicidade non pode ser total. O triunfo galaico tería sido absoluto se a xente do programa tivera a sensibilidade dabondo para reconhocer todo o talento dos Megaloves na súa revisión de Perfil Perfecto.
E para rematar compre sinalar que no CCCP fomos, somos e seremos seareiros absolutos do gran Strummer

A sueca Tora Martens seica é reconhecida como cineasta e fotógrafa. Desde logo na sua web hai umhas interesantes galerías

Na enésima demostración de que vivo na pola, descubro con máis de un ano de retraso Para mariñeiros nos, unha destas poderosas mostras do talento audiovisual amateur que tanto che me prestan

Normalmente non me chama moito a atención a fotografía de paisaxes, mais da de Vladimir Longauer gostei de vez

E tamén estiven lá
[ tamén estivo Vinte10, a canle de vídeos do Equipo de Normalización Lingüística do IES Porto do Son]
![]()
Finalmente o politburo do CCCP sucumbiu a tentación e foi ver Avatar. Mais antes de comezar coa agardada critica feroz haberá que dicir as cousas boas. E basicamente son que efectivamente a técnica en 3D esta mais que lograda [aínda que en canto te afás, aos quince minutos, deixa de ser tan abraiante] e que a pesares de durar máis de dúas horas e media non tes a sensación de estar a pasar un suplicio na túa butaca[ o cal ten mérito de vez nesta sociedade do efémero]
Máis tamén é moi certo que é un filme completamente predecibel, obvio diría eu. Mesmo simple de máis. Hai máis cine nunha escena de El secreto de sus ojos [por comparar con algo que vira recentemente] que en todo a metraxe da peli de Pandora. Ademais eu non vin por ningumha parte a suposta radicalidade ecoloxista e pola contra si como na procura diso o director caeu as veces en horteradas maniqueas que dan grima.
Mais a Cameron hai que reconhecerlle o seu mérito. Moi ao seu pesar, nunca terá o talento de George Lucas, mais astucia ten a reo. Que o cinema faga fronte as súas crises con formatos espectaculares, e marketing a go-go, ven de vello. Mais o king of the world ven de triunfar onde outros non o fixeron. Ao box office me remito, [e iso que Avatar custa de media 2 euros mais cara...]. Suponho que a clave de todo será en ter moi clarinho, como o tenhen no Imperio que That´s enterteiment… tara, ta ta rara ra ra...

Do outro lado da mole onde anda exiliado W. Sobchak, concretamente de Teis, chega esta cousa bonita.

Haiche cousas fermosas na web de Cristian Hansen

A Milocha , a última poderosa tipografía do Ze Pequeno, ta finalmente rematada e publicada!

Houbo umha época non moi lonxana, un par de anos atrás, onde era practicamente imposíbel achar bandas portuguesas que cantaran na súa lingua. Porén nos últimos tempos, e non sei por que, a tendencia mudou e cada vez é mais doado dar con grupos que apostan pola lingua de seu. O ultimo que achei foron os portenses Clä [myspace] vía Radio Oceánica
[O programa é o do 10/01/2010 e é moi esclarecedor o momento da entrevista na que afirman que cantar portugués nunca ten sido umha rémora para eles]

Onte, en mais umha demostración do carácter de rabiosa actualidade do CCCP , fun ver El secreto de sus ojos. Fun afortunado de que na Cidade aínda quedara umha sala onde proxectan umha das 16 copias que aínda circulan deste filme que se estreara en setembro. E digo afortunado porque gostei moito del. Cine moi ben feito en todos os seus aspectos [De feito se eu fora académico do cine espanhol non tería moi claro se votar por esta ou por Celda] Mais quero salientar a dirección de fotografía de Felix Monti que me pareceu do mais interesante e intelixente que tenho visto en moito tempo.
Deixo aquí a ligazón a un estupendo plano-secuencia da peli, que da mostra da calidade da cinta. Gocen pois!
