
25 kilates [imdb] é a opera prima de Patxi Amézcua. Cine de xénero de moi, moi boa factura que pasou case que desapercibido pola carteleira a mediados do ano pasado.E penso que isto é case que é un crime, porque todos os aspectos do filme están a moi bo nivel.
Eu persoalmente salientaría o guión do propio Amézcua, quen seica se formou como guionista no Imperio Grande. Isto notase pois o roteiro é conciso e preciso. Sempre ao servizo da historia e mantendo a dose xusta de tensión e conflito en cada momento.
Tamén fiquei abraiado coa fotografía de Sergi Gallardo. Para comezar captura umha luz apagada, escura moi lonxana do que agardaríamos da cor mediterránea de Barcelona [que mesmo sae fea] Por suposto todo supeditado á perfecta ambientación da historia. E asemade opta por un nada ortodoxo uso da cámara, con unha angulación e unha planificación fora do común. Así gozamos dumha chea de planos fermosos e efectivos, mesmo por momentos acada , con éxito, saltarse o eixo. Sentidos parabéns ao cinematographer!
E por último, nestes tempos de esquizofrenia ingüística, quero salientar que no filme mestúranse con total normalidade ( e sen subtítulos hoygan!) o catalán e o castelán.
E rematado o capítulo de loubanzas penso que teríamos que cismar en como umha peli que foi premiada no festival de Málaga [segundo o mandamais do cinema espanhol o máis importante do reino] penou con apenas 12 copias pola carteleira. Obviamente o oligopolio que exercen de facto as majors iankis na distribución e exhibición é a meirande rémora que padece o cine estatal. Por outra banda tamén padeceu un mal estendido de coidar pouco o aspecto promocional. De seguro que o cartaz, o trailer e mesmo a sinopse oficial son do peor da película.
Porén sexamos optimistas e pensemos que o intelixente novo dirixente do cine espanhol saberá como enfrontarse a isto.
Por suposto que o filme fica poderosamente recomendado!!
[aquí tendes unha crítica en condicións da que gostei]