Ruth Matilda Anderson en Galicia

Desde que souben da exposición tinha umhas enormes ganas dela. Mais a minha intensa vida tricoastal non inclúe Lacoru. Asi que fun postergando a visita a ese gran templo do neoprovincianismo galaico.
Mais esta pasada finde, a minha moi ilustrada nai foi ata lá e tivo o grandisimo criterio de levar para a casa o catálogo. Así que levo todo o dia a enchelas canizas con ista cousa bonita. E a verdade é que para gozar dela sen perder puntada
Ruth Matilda Anderson retrata un país tremendamente pobre. Mais un país fermoso, con identidade de seu e poderosamente digno. E a min asulagame a tristeza pois na conquista do imprescindible benestar perdimos boa parte da beleza, da identidade e da dignidade… e non estou nada certo de que iso fora preciso.
Achtung!!! Esta mostra non é que sexa recomendabel, é que é cuasi-obrigada!

Eu espero ir ve-la un día destes antes de que remate. Sempre mo lembran un día si e outro tamén nas cuñas publicitarias da Radio Galega… Ruth Matilda Anderson para aquí, Ruth Matilda Anderson para acolá.
Se queredes un consello…(máis seguro que non o precisades):wink:Ide con tempo para poder ver a exposición con calma. Hai moitas fotos nas que paga a pena botar un cacho parados de diante, e pensar no que sucedía no intre no que Ruth Matilda Anderson tirou a foto. Hai detalles que sorprenden.
A mín gustoume moito, nela pódese ver moi ben como vivía a xente do pobo. A Ruth Matilda parece que non lle interesou fotografar «señoritos» -eles xa pagaban porque lles sacaran fotos nas que se vira ben o seu poderío-. Neste sentido, tamén me gustou o xeito no que foi montada a exposición, para que sexa máis doado interpretar as imaxes.
Tempo!! Se onte non fun quen de ver o catálogo tranquilo na casa materna, non quero imaxinar como sera ver a mostra in situ….
POr certo, eu a Radio Galega abandoneina canda Xurxo Souto [ a pesar de que a Galicia en Goles tenha volto a alineación clásica]
é do mellor e máis emocionante que vin en anos. Teño o catálogo ao meu lado, vouno gastar…