febreiro 9th, 2010
Modelo Burela
Posted by
W. Sobchak in
Internete, Outras lerias
Sei pouca cousa de Burela: os caboverdianos, o atún, que ten un alcalde que gosta do senderismo, que estudiei na carreira con un rapaz de alí, e pouco máis… Mais vendo este video afirmo que souberon solucionar o que noutros sitios non [ponhenseme os pelos crespos da emoción ao ver/escoitar ao cativo peruano do final]
vía tiñádelo que ver

Hoje estive a ler um post de DePaso e nele comentava:
“O imperio da Corporación Voz non se apoia nin na venda minguada de xornais, nin no quiñón maior das axudas públicas e da publicidade institucional, nin nos seriais televisivos… o principal produto de LVG é, a día de hoxe, a venda de influencia política [...] O seu produto estrela é a creación e emisión de malestar mediático ou, se se prefire, de negativismo mediático [...]
Hai máis dunha década a profesora Kalthleen Hall Jamieson escribiu unha obra titulada Políticos sucios. Decepción, distracción e democracia [...] Na súa idea, o negativismo mediático, moi ao contrario do que pode parecer, non reforza as actitudes críticas dos cidadáns senón que os fai moito máis vulnerábeis á manipulación xa que lles furta elementos informativos fundamentais para fundar un mellor criterio.”
Acho mui acertada a ideia do negativismo mediático que expom e faço umha pergunta ao ar:
No eido da normalizaçom lingüística, no que muitas vezes se abusou do negativismo para expresar as suas ideias, nom seria melhor focar a comunicaçom à sociedade no positivismo?
E nom falo de agachar a mala situaçom do galego, senom de contrapor umha visom positiva ao negativismo imperante nos meios e na sociedade. Já nom só para, como se desprende do que escriviu a profesora Kalthleen Hall Jamieson, imunizar contra a manipulaçom às pessoas, senom para infundir umha elevada dose de emoçom e optimismo aos que amamos o galego (e lutamos por ele).
Por certo este vídeo bota por fora de emoçom e optimismo!
fronte á miña “wicked little town” Burela sempre semellou un paraíso… boa xente, bo ambiente, e que bonito (o que teñen)!!
Penso que o mal común de case todas as “wicked little town” galegas é o feito de ter sido “Villas” durante o rexime do senhor baixinho de Ferrol. Por que de aí herdaron un provincianismo rancio que da moita pena. Pola contra Burela medrou en importancia nos anos 80 co porto e non tinha esa pesada carga sobre os seus hombreiros
Viva burela, ho!