Febreiro 20th, 2010

25 kilates

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

25 kilates [imdb] é a opera prima de Patxi Amézcua. Cine de xénero  de moi, moi boa factura que pasou case que desapercibido pola carteleira a mediados do ano pasado.E penso que isto é case que é un crime, porque todos os aspectos do filme están a moi bo nivel.

Eu persoalmente salientaría o guión do propio Amézcua, quen seica se formou como guionista no Imperio Grande. Isto notase pois o roteiro é conciso e preciso. Sempre ao servizo da historia e mantendo a dose xusta de tensión e conflito en cada momento.
Tamén fiquei abraiado coa fotografía de Sergi Gallardo. Para comezar captura umha luz apagada, escura moi lonxana do que agardaríamos da cor mediterránea de Barcelona [que mesmo sae fea] Por suposto todo supeditado á perfecta ambientación da historia. E asemade opta por un nada ortodoxo uso da cámara, con unha angulación e unha planificación fora do común. Así gozamos dumha chea de  planos fermosos  e efectivos, mesmo por momentos  acada , con éxito, saltarse o eixo.  Sentidos parabéns ao cinematographer!
E por último, nestes tempos de esquizofrenia ingüística, quero salientar que no filme mestúranse con total normalidade ( e sen subtítulos hoygan!) o catalán e o castelán.

E rematado o capítulo de loubanzas penso que teríamos que cismar en como umha peli  que foi premiada no festival de Málaga [segundo o mandamais do cinema espanhol o máis importante do reino] penou con apenas 12 copias pola carteleira. Obviamente o oligopolio que exercen  de facto as majors iankis na distribución e exhibición  é a meirande rémora que padece o cine estatal. Por outra banda tamén padeceu un mal estendido de coidar pouco o aspecto promocional. De seguro que o cartaz, o trailer e mesmo a sinopse  oficial son  do peor da película.
Porén sexamos optimistas e pensemos que o intelixente novo dirixente do cine espanhol saberá como enfrontarse a isto.

Por suposto que o filme fica poderosamente recomendado!!

[aquí tendes unha crítica en condicións da que gostei]

2 Responses to ' 25 kilates '

Subscribe to comments with RSS

  1. Matachin said,
    on Febreiro 20th, 2010 at 3:07 p.m.

    Apúntome a recomendación. Moito ben estalle a facer o sangue novo o cine español.

  2. orso said,
    on Febreiro 22nd, 2010 at 5:15 p.m.

    Oído cociña!!
    Por certo onte vin \La teta asustada\, ou eu non tiña o día ou a película ten un ritmo cansino e un guión mais que xustiño. Quédome coa fotografía e a banda sonora, pero metela no mesmo saco que \El secreto de sus ojos\, nin de coña.
    Saúde.

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.


Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.