Cudevaso na de Vaquero

Os Cudevaso estiveron esta fin de semana por Friol. Mais non foron a nengumha granxa de xovencas, senon a casa doutro Vaquero. E o resultado non pinta nada mal

Os Cudevaso estiveron esta fin de semana por Friol. Mais non foron a nengumha granxa de xovencas, senon a casa doutro Vaquero. E o resultado non pinta nada mal

Max Piggot é un da banda de Plymouth [pronúnciase "plímuz", e eu estiven lá] que sabe ver beleza onde outros non.
[que conste que as imaxes de xente xa non che me van tanto]
A véspera da reconquista paseino quinidiox no concerto dos Quempallou. Tremenda festa montaron. Coa xente toda a bailar cun sorriso permanente na cara.
E a parte tenhen pezas tan acaidas como a de arriba. Pois iso, gaiteiros!

Hoxe que ando a folgar na casa, achei polo pc adíante esta imaxe.. Que non deixa de ser o errado intento de plasmar a tremenda festa que Lamatumbá estaba a montar no pavillón galego en Lorient [mais que conste que culpa foi da sidra bretona!]
Ou tamén podemos asumir que a imaxe é umha lomografía, que éche algo motísimo máis cool…

Vía o blog de Vitor, descubro «los 10 magnificos» umha xeira de pezas da canle TCM sobre directores de cinema actuais. Ideais para enchelas canizas de calqueira cinefilo

O sábado fun ver aos Som do Galpom [myspace] á iguana. Era umha visita obrigada, xa que, aínda que son moi seareiro da súa musica enlatada, non os vía ao vivo desde o outono de 2006, cando con umha formación moi distinta tocaron nun feixe de magostos da zona vella de Compostela.
E abofé que evolucionaron! Os da Moninha a parte de ter umha música interesante de vez, son uns músicos caralludos ao vivo [por momentos lindaron co Jazz]. E nótanselle as táboas numha interesante proposta escénica. Prestou!
Se cadra había menos xente da que eles merecían [mal dia coa mestura reconquista/semana santa] E mesmo houbo algún despistado que non sabía o que ía ver ,e que non entendeu nada e fixo algún que outro comentario absurdo. E isto proba que en Galiza comeza a haber un abismo cultural, hai xente que non leva umha aldea no corazón!. Mais os repunantes non merecen que gaste mais tempo…
En fin, que non fagades coma min e non esperedes tres anos e pico para ir gozar co funky-reagge-rap!
[a imaxe collinna prestada á Marisol]
Ainda non puxera aquí “non saímos do lixo” a nova serie de komunikando.net e trala que se atopan as persversas mentes tamén responsabeis de proxectos como GalegoZ
Para min ten um estilo moi britanico. Como o resultado de axitar nunha cocteleira a os Monty Python, Benny Hill, Os novos e un chisco de retranca galega (of course!!)

Ainda prestan os desenhos do sr. Cadwell [ blog], non?
Isto si que é umha carreira de cuadrigas para audaces!!
Orellas do Jose Manuel Poza no Vimeo.
Xa abonda de time-lapses modernukis deses, que vivan os time-lapses gorentosos!!
[preman e amplien!]
Making off: Andaba eu nas inmediacións do Polvorin e non puiden deixar de lembarme de Hans van der Meer. Así que revisiteino desde o meu punto de vista [se é que eu tenho diso...]
Os clocló é un proxecto de serie online dos alumnos da Escola Audiovisual de Vigo. Agás por pequenos problemas de son, e as veces un ritmo un chisco lento, a cousa promete[ dentro do seu formato, claro está ]

Uxío, mundialmente conhecido polo seu poderoso podcast [e ao que eu admiraba por outro fermoso proxecto sonoro] Ven de estrear o seu portafolio on-line. Nel haiche cousas bonitas a esgalla

Acho na web do IES Felix Muriel (Rianxo) esta caralluda galería dos nativos norteamericanos (a.k.a. indios)
E non podo deixar de ter este desacougante sentimento de que estes días tamén nos vimos de ser envíados ás reservas por un feixe de garrafas de «auga de lume»…
[Para despistados aclaro que a de arriba é a imaxe dun grupo de Lakotas non dumha tripulación de marinheiros da costa da Morte... agardemos mellor sorte para a nosa lingua]

Fotoxornalismo do bo !
[para os non inciados en botánica, dicir que a foto é de unha Erythroxylum coca]

Se gostades do xénero policiaco tendes de ler esta marabilla de banda desenhada , RG 1 Ryad-Sur-Seine baseada nas historias reais dun axente dos servicios secretos franceses. Grandes desenhos, gran ritmo narrativo, historias apaixoantes. Se me puxera en plan productor de cine diria aquelo de , só lle falta un pouco máis de sexo… Mais non o vou facer…
A ver se apanho pronto o segundo numero
