Héroes de Pau Freixas
Confeso que un filme ten complicado seducirme se xira en torno a nostalxias de vellos amores .
Mais despois de ver esta secuencia entraronme ganas de ver a última de Pau Freixas, que semella ser un tipo que sabe rodar
Confeso que un filme ten complicado seducirme se xira en torno a nostalxias de vellos amores .
Mais despois de ver esta secuencia entraronme ganas de ver a última de Pau Freixas, que semella ser un tipo que sabe rodar

Aínda que non fale aquí deles [por verdadeiro pudor polo meu escaso criterio] as veces leo libros. E falo deles cos amigos. Así nas vacacións de primavera aproveitei unha desas tardes grises para compartillar experiencias literarias con un amigo emigrado. Coincidimos ambos nas loas a Dime algo sucio e nas ganas de enchelas canizas coa última de Cid Cabido. E el recomendoume Firmin.
E faleille eu de que o último que lera, Monte Louro, fixéraseme un chisco costa arriba e de que dáme pereza porme con Obaboak [leva un par de mesas na minha mesa de cama a criar ácaros] E el replicoume louvando con forza, en contraposición, Bilbao-New York-Bilbao e empregándoo como exemplo de escritores que están de pleno no século XXI namentres outros que andan ancorados no XIX. E segundo o meu sabio amigo aí estaba a causa da nosa desafección por eles
E eu non tenho eu moi claro que sexa o que me acontece a min. Xa que outro día estaba a bater papo con outro coleguita exiliado, e comentáballe que estábame a custar collerlle as voltas ás Sete Palabras [cousa rarísima xa que eu son moi, moi seareiro do autor] E el díxome que acababa de ler Ambulancia e gostara de vez. Eu lera o libro hai 15 anos e tiña moi boa lembranza. Así que rescateino da biblioteca materna e devoreino nun solpor. E gocei del tanto ou máis que a primeira vez.
O conto é que eu entendo que os autores evolucionan segundo avanzan no dominio do seu oficio, mais eu sigo mais ou menos coas mesmas coordenadas nos meus gustos literarios desde hai lustros. E penso que máis ben dentro de xéneros propios do século XX
E de feito o último que lin foi A pista de area. E reconhezo que non é umha obra que vaia a transcender no tempo. Mais a min éche un tipo de lectura que me presta. E a fin de contas é do que se trata, non?
Ando coa cabeza enleada en cousas feas, e non consigo centrarme. Nin en postear, nin en nada. E mentres me obrigo a escribir no CCCP acho nos racunhos umha anotación pendente sobre este poderosa peza dos skornabois. E é que hai que estar moi agradecidos a Emilio, Xerman e companha por andar a facer cousas tan vangardistas como estas na nosa lingua xa no século pasado.
[Eu personalmente descubrín este tema nun CD que vinha coa revista Bravú e que traía un hitazo do Pinto de Herbón]
