ollo a este ollo



Seica está de moda a novela negra nórdica. Pois eu ando metido de cheo na galega. E ainda me fai estar entretido. Paseino ben con Os nomes do traidor de Xurxo Sierra Veloso, por certo companheiro de rede

Falaba hai tempo O pastor [ D.U.P.] que o galego precisaba con urxencia de engrosar a súa serie B. Aquí vai umha pequena aportación desde a banda de Ourense
[ando missing in action porque deixei que me absorbera o choio, mais prometo que umha e non máis..]

Hoxe tinha pensado traballar nalgo que tenho pendente desde hai tempo, mais non fun quen de achar un arquivo nas entranhas do meu decandente portatil…. Asi que decidín investir o tempo en ver o documental dedicado a , maior gloria de , Blur que descubrín na de Ze
Digan o que digan, mira que non prestaba ser unha rock&roll star, ou ?
Sei que este é o post menos orixinal da historia da blogosfera. Andar a estas alturas con The wire é de dinosauros anacrónicos… pero que lle queres, eu veño de descubrilo. E a escena de arriba entre Omar e o Brother Mouzoune resultoume do mais estimulante que eu tenha visto no audiovisual en moito, moito tempo
[disfruten coas imaxes porque vai sen subtitular e entender a Omar Little así, a pelo, é como imposibel]
Apenas quería comentar que comparto ao cento por certo o entusiasmo polo novo traballo de Fluzo
e non tenho nada mais que dicir

Por darlle gasto á nova editora, merquei a archifamosa guía do autoestopista. E non estivo mal, mais ,será polas amplas expectativas que en min levantara, que quedei cun regusto de insatisfacción
