CCCP

Xuño 24th, 2010

Embargo

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

[gv data=”TMl7fawSUZQ” width=”450″][/gv]

Aqui o trailer dun filme que devezo por ver.. Ainda que me temo   que vai ser dificil a esta beira do Minho

Xuño 22nd, 2010

Medo

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Un dos  colectivos audiovisuais que mais che me prestan, o da rapazada do IES de Son, ven de pendurar á sua peza anual. E este ano vai de medo…

Beizóns

Xuño 14th, 2010

NY, anos 40

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Nova Iorque é a capital do mundo. Non hai dubida. As imaxes da súa xeografía forman parte do subconsciente colectivo mundial. E non falo so do seu Skyline. Coido que as imaxes de NY da primeira metade do século XX son familiares para todo o mundo. Xa sexa polo cinema, ou polos grandes da fotografía.  Mais a beleza da cidade transcende ao talento do retratista.  E como mestra esta galería de flickr de imaxes da Big Apple nos anos 40

Xuño 14th, 2010

Umha serendipia desas

Posted by W. Sobchak in Outras lerias


Este ano adquirín un hábito cando baixo á cidade á biblio. Polos estantes do corredor que leva até a  banda desenhada collo ao chou o primeiro libro en galego que ache e que tenha boa pinta. É un pequeno xogo na procura de alfaias inesperadas.
Pois a pasada segunda feira, escollín un libro de relatos efémeros, dunha rapariga da que non oíra falar na vida (disimulade a minha ignorancia): Iolanda Zuñiga.
E mira ti por onde como desde o sábado é a persoa mais citada no meu reader

[a imaxe é de Pilar Ponte]

Xuño 9th, 2010

Lado&Aldao Vs O IES do Son

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

As veces hai colisións de planetas tan bonitos, como o da poesía e musica destas mulleres espelidas   e os dos rapaces responsabeis do making son, que a colisión resultante flamexa dun xeito moi fermoso

…e todo isto sen necesidade de cruzar a porta de Tannhäuser

Xuño 9th, 2010

O que hai que facer é facer!

Posted by W. Sobchak in Internete


Beizóns á xente que puxo a andar o GalegoLab. Nos meus laios ao vento mira que tenho chorado pola sociedade civil. Pois seica existe.

A ver se somos quen de enrolar neste barco a xeración que ven por detrás da nosa

Xuño 8th, 2010

Unha historia que non vou contar

Posted by W. Sobchak in Livros


Umha das cousas que fixen neste pequeno parón blogueiro foi gozar co último libro do Cid Cabido. Xa o premiaron os do gremio, así que eu apenas podo sumarme ao entusiamso.
Presta!

Xuño 8th, 2010

Mars

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Agora que nos tenhen aborrecidos co 3D , presta ver pequenas xoias como esta animación dos ingleses Jack Cunningham e Joe Bichard.  Por certo que leva unha boa relfexion sobre a condición humana

Xuño 7th, 2010

Ciencia en galego? home claro!

Posted by W. Sobchak in Internete, Outras lerias


Cando escollín esta profesión que exerzo agora foi, entroutras cousas, polas expectativas dunha inmensidade de tempo libre ao meu dispor… Pois xusto acabado de pasar por dúas das semanas máis atarefadas, e esgotadoras, da minha vida. Mais a rede galega  ferve, e non para!  E non podo deixar de postear sobre a iniciativa de en galego tamén se fai ciencia.  E de toda a campaña non podo deixar de ficar coa opinión de Angel Carrecedo. Porque este señor é unha das mentes máis eminentes do estado, e conforta ver que os xuizosos andan con nos.  Do outro lado andan os feridos e duros… (vos xa sabedes quen son)