CCCP

Xullo 17th, 2010

Before the devil Knows you’re dead

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Prestoume de vez Before the devil knows you’re dead. Un trhiller intenso, duro. Moi ben interpretado polos seus catro protas . Sorprendéronme para ben Ethan Hawke, facendo de Steve Buscemi,  e Marisa Tomei. E fiquei abraiado de como un director de máis de 80 anos fixo un filme tan pouco ortodoxo na fotografía e xogando coa linha temporal.

Así que fica recomendada, especialmente para os amantes do cinema de xénero [ aínda que pola rede tamén lin máis de un comentario ponhéndoa podre]

Xullo 15th, 2010

Hala Elkoussy

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Fagamos turismo polas paisaxes perifericas de Hala Elkoussy!

Xullo 15th, 2010

Menino Morreu

Posted by W. Sobchak in Livros

Lendo a contracapa do libro e tendo en conta a ocupación do autor, pensei que estaba a apanhar máis umha novela negra. Mais na realidade é umha pequena novela histórica, que se deixa ler a fume de carozo, sobre o Couto Mixto (outra das pequenas marabillas da nosa historia que puido ser e non foi)

Nos tempos en que flocos estaba activa, vira un teaser dun documental sobre o tema de Eloy Enciso, mais non voltei a ter novas ao respecto

Xullo 14th, 2010

Piercing

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Xullo 14th, 2010

Saias ledas

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho, Internete

Hai  tempo lin nun blog dunha rapariga andaluza unha entrada que comezaba con “os acordais cuando no había zara?” Eu non. E iso que son mais vello que aquela rapaza. En Santiago hai un zara detolavida. Mais cando eu era pícaro o Amancio aínda non se fixera co monopolio do sector [co permiso dos suecos] E claro que está moi ben ter roupa a prezos asumibles, mais en troques sumíronnos a todos na ditadura das súas tendencias [como o horror deste ano dos pantalóns pitillo], con roupa de ínfima calidade fabricada vai ti a saber como.

E toda esta disertación asanhada non é porque ande hoxe especialmente parafuseiro, senón porque o outro día descubrín na de Ze Pequeno a tenda das Saias Ledas e pareceume caralluda. Obviamente haberá quen, aplicando o índice Amancio, as achará caras. Mais se temos en conta que están feitas a medida, e con materiais como dios manda, a cousa cambia, non?

Benvida e sorte  Gloria!

Xullo 13th, 2010

Bun

Posted by W. Sobchak in Wonderful World

Xullo 13th, 2010

Pipers in love

Posted by W. Sobchak in Wonderful World

Xullo 13th, 2010

Crebinsky

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Levaba un par de anos devecendo por ver Crebinsky, o filme de Enrique Otero. E grazas a súa proxección no festival de Ortigueira xa o fixen. Fiquei contento.

Non é unha obra mestra, máis presta. É bonita e está moi ben feita. Coido que non vai ser un filme mega-comercial. Ten un ritmo narrativo un chisco  mais repousado ao que están afeitos os espectadores habituais do cinema ianki. Mais prestará aos que gosten dos pequenos relatos de realismo máxico.

Xullo 8th, 2010

Bilbao-New York-Bilbao

Posted by W. Sobchak in Livros

Para os que andan coma min, con tempo e ganas de folgar a cadora, esta  pequena recomendación. O libro de Kirmen Uribe (aquí con Buenafuente) é unha delicia, abofé. Como dan boa proba todos os premios que leva recolleitados.
Por outra banda, dentro do seu vangardismo, a min lembroume tanto en forma como en fondo  a obras galegas, como ao último de  Cid Cabido (gran pregón!)  ou Suso de Toro. E tamén  a Xurxo Souto o noso gran cronista do mar.

Anécdota: hai pouco  Pereiro twiiteaba (chíaba?) que  nunha libreria achou medio agochada  por 17 euros a edición galega, mentres  no escaparate a edición castelá por 19…

Xullo 2nd, 2010

Galiza Bravú

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Música


Como gran seareiro que son daquela paixón que queimaba no peito, gostei moito deste documental de Xaime Miranda que anda estes días pola rede adíante
Recomendo tamén a visión do traballo de Sonia Barros do 97 en pleno estalo do movemento. E ver o que fai o tempo no corpo humano… (ollo a Fran Amil!!)

E para rematar, nunca esta de mais ver mais unha vez o video de parrús, non?… e conhecedes a versión que fixeron os galegoz para o disco-homenaxe 120 capadores???