CCCP

Agosto 26th, 2010

Homes de tras da Corda

Posted by W. Sobchak in Livros


Na casa que okupei nas holandas [a dun galegazo emigrado alá, e que andaba de ferias por acá] achei na súa estantería feitaaman un exemplar de Homes de tras da Corda de Carlos G. Reigosa. Lina e gostei. Obviamente non estamos ante literatura vangardista. É algo mais sinxelo [non por elo doado] Na contracapa algún crítico falaba da parentela da obra cos estilos de narración oral de Fole.  É ese mesmo estilo de narración oral do que fai uso Xurxo Souto, mesturándoo co realismo máxico. En fin, que pasei un bo rato gozando coas historias de homes rexos noutras épocas máis duras, mais se cadra menos escuras.

Por certo, que aquí podedes escoitar ao autor lendo o prólogo

Agosto 25th, 2010

Ed Van der Elsken

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Venho de pasar un par de semanas na Holanda, e umha das cousas bonitas que descubrín, esta foi no museo de fotografía de Rotterdam,  é  a figura de Ed Van der Elsken, un holandés que de ter sido americano con certeza tería a sona de Goldin & cia

[ainda que na rede esta complicado ver moitas das súas imaxes]