CCCP

Agosto 26th, 2010

Homes de tras da Corda

Posted by W. Sobchak in Livros


Na casa que okupei nas holandas [a dun galegazo emigrado alá, e que andaba de ferias por acá] achei na súa estantería feitaaman un exemplar de Homes de tras da Corda de Carlos G. Reigosa. Lina e gostei. Obviamente non estamos ante literatura vangardista. É algo mais sinxelo [non por elo doado] Na contracapa algún crítico falaba da parentela da obra cos estilos de narración oral de Fole.  É ese mesmo estilo de narración oral do que fai uso Xurxo Souto, mesturándoo co realismo máxico. En fin, que pasei un bo rato gozando coas historias de homes rexos noutras épocas máis duras, mais se cadra menos escuras.

Por certo, que aquí podedes escoitar ao autor lendo o prólogo

3 Responses to ' Homes de tras da Corda '

Subscribe to comments with RSS

  1. Samo said,
    on Setembro 27th, 2010 at 8:28 a.m.

    Somos luras. Todos galegos, menos o capitán que era de Muros.

    Acabo de flipar con esta entrada… Cando o entenda, explicareicho.

    Saúde!

  2. Bacorinho said,
    on Outubro 7th, 2010 at 7:07 p.m.

    E logo, Is CCCP fucking dead?

  3. lilith said,
    on Outubro 12th, 2010 at 11:47 p.m.

    marchache fuxiche ou que caralho fixeche?

    vuelve por el amor de dio CCCP!

Sorry, the comment form is closed at this time.