Outubro 21st, 2010
Vendo a Deus na butaca
Posted by
W. Sobchak in
Audiovisuais

Dicía o outro día o chairego máis popular do momento que Ricardo Darín é Deus. Abofé. Mais unha película que vexo del, e mais unha vez que fico abraiado con el.
Desta volta foi Carancho de Pablo Trapero. Un filme duro, desacougante [ moito máis ca do tipo ese soterrado] e que ten un manexo de cámara orixinal, con encadres pouco comúns, aínda que as veces marea un pouco con tanta cámara ao ombreiro.
Non é a a oitava marabilla mais presta no medio dunha carteleira tan adocenada
Comentarios desactivados en Vendo a Deus na butaca