CCCP

Novembro 30th, 2010

Corey meets Vigo

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Descubro que o  Corey Arnold,  do que xa falaramos, seica andou por vigo e retratou aos , indespensabeis, marinheiros galegos

Lástima de expo [o castromil non chega lá]

E a verdade é que estes  homazos de arriba, emparentan ben cos que retarou Ruth Mathilda Anderson a comezos de século pasado

Novembro 22nd, 2010

Decadencia

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”bzpBRIM1KpI” width=”450″][/gv]

Con certeza, se ao abrir o CCCP alguén me advertira de que ía rematar posteando un vídeo dun rapeiro sevillano ( por calquera das dúas acepcións) eu chancearía con el por estar mais bébedo que Sue Ellen…

Máis mira ti por onde, préstame este tema do Tote King. As bases parécenme caralludas. E concordo no espírito da canción. Porque non sei se o CCCP estará na súa decadencia pero internet ( ou polo menos o seu uso)  abofé que si

Novembro 17th, 2010

Bandallo, Sórneas, Rabechudo, Farfantón!

Posted by W. Sobchak in Outras lerias


O que digo eu que ninguén me discutirá , é que aparte de para falar coas vacas, o galego é un idioma máis  que apto para insultar, non?

E como mostra unha fermosa e senlleira lista de 334 formas de galeguizar os teus insultos

Novembro 15th, 2010

Settecento

Posted by W. Sobchak in Livros


Lin Settecento de Calveiro.  Prestoume de vez

E ten mérito para unha persoa tan pouco afeita a literatura historica coma min. Por iso,  coincido co Jaure en que eu tamén devezo por que Calveiro narre cosuas do Vigo actual

Fica recomendada pois

[aquí unha critica comodiosmanda]

Novembro 2nd, 2010

Un consello sentido

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Ide  ver Retornos unha peli feita aquí, por xente de aquí,  que paga a pena