CCCP

Decembro 31st, 2010

Voltou Jeunet

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Ando nas verzas. Tanto que non me enterei que o meu admirado Jeunet xa hai un ano que estrou en Francia o seu último filme  Micmacs [Se cadra non me enterei porque por causas misteriosas aínda non se estreou nestas latitudes]
O caso é que achei umha ligazón para ver os primeiros minutos do filme. E algo chamou poderosamente a miña atención. A pesar de seguir tendo o seu poderoso estilo visual. Hai algo radicalmente diferente con respecto Amelie. Fronte a xa mítica voz en off que nos contaba a historia da Srta Poulain aquí opta por un case relato mudo. E aínda así, funciona! O que ten talento, ten talento.

Decembro 23rd, 2010

España, España

Posted by W. Sobchak in Internete

bandera, bandera…

Do xenial Fontdevila

Decembro 4th, 2010

18 comidas

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais
[gv data=”R2izxKo9plI” width=”450″][/gv]
Nos tempos que corren custa ferro e fariña sobrevivir máis de dúas semanas nas carteleiras. Así fico abraiado, e contento, ao achar que 18 comidas de Jorge Coira chega á súa terceira con presencia en moitos cines do país.
Eu fun vela cando a estrea. Gostei dela. A miña bela acompañante tamén. Mais ambos coincidimos que non saberíamos se era un filme a recomendar ás amizades menos cinéfilas  polo peculiar da proposta. Para a miña sorpresa foi á mesma conclusión á que chegou algún galegazo no exilio.
De tal xeito, coido que si. Que compre recomendala. Mais salientado que se trata dun exercicio fílmico curioso, pero que paga a pena.
[e iso sen mencionar que boa parte da versión orixinal está rodada en galego]
Decembro 2nd, 2010

Terbutalina

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”iDAs73D3nh0″ width=”450″][/gv]

No audiovisual fan teasers para ir xerando expectación. Pois seica as bandas garaxeiras gravan os seus ensaios co mesmo fin.

E no meu caso conseguíronno! que xa me tara ver ao vivo a estes tipos da parte de arriba da minha ría. E compre salientar que polo medio anda o poeta galego vivo máis talentoso [Reixa xa non é poeta, é empresario]

Decembro 1st, 2010

Alavai

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Por unha vez achei algo interesante no caralibro. Alavai unha tenda online  bonita de vez.Vinilos para decorar , tan chulos que dan ghanas de mercalos todos. Con desenhos de Castelao, Seoane, Leandro Lamas, entroutros..

Se eu tivera casa de meu, xa tería mercado varios. Mais , cousas da clandestinidade, vivo  na eterna provisionalidade do alugueiro. Madlita sexa…

Na linha do comercio que hai que apoiar, como as Saias Ledas, das que supoño que xa todas terán unha no seu armario, non?

Decembro 1st, 2010

o famoso set de flickr

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

de cartelería galega que ten de ser moi sonado,mais eu ainda o achei o outro día na de Mario. É o que ten andar todo o día nas verzas

Por certo que eu tou por promover a candidatura das letras galegas para Berto Yañez, ainda que modificando o de que ten que levar morto 10 anos, claro está