A pasada finde, porteime como un bo cidadán e
acudín ao mall, que éche o que nos quede aos que imos a cine segundo en que sitio. O conto é que vin
Carne de neon de
Paco Cabezas [interesante
o seu blog, por certo]. Prestoume. Non é a mellor peli do mundo, mais esta ben ( a minha bela acompanhante non compartiu a opinión, que conste). Está a rede ateigada de comentarios, de xente mais solvente ca min, que a definen como a mestura de
Guy Ritchie con Almodóvar. Concordo. O director retrata cun
aquel cool o lumpen, coma o ex de madonna, mais sen agochar de todo ,o sórdido que pode resultar ese mundo. E de non ser por que se perde metendo información de máis, o filme funciona de sobra e consegue entreter.
Mais onte mirei as cifras de racadación e a peli estaba de oitava con pouco mais de 350 000 €. Moi pouco. E non acabo de entender nada. Estes días lin, como un deses tipos que saben mías ca min,
xustificaba o éxito de
3 Metros sobre el cielo, en que era un produto moi ben feito. Pois
amighos, esta é outro produto ben feito ( a dirección de fotografía e de arte son espectaculares) mesmo comparte
mojabragas ( terminoloxía oficial do gremio) con 3MSC e a campanha
pola rede pareceume caralluda.. E aínda así, meteuse unha ostia na venda de boletos
O cine español ten un problema. E non é de calidade. Nin de falta de orixinalidade. Nin de descargas por internet. É un problema de comunicación co seu público natural e non sei eu como van ser quen de solucionalo [se o soubera… seguro que non estaba aquí.. ]