CCCP

Febreiro 23rd, 2011

Ataque Escampe vs Malandrómeda

Posted by W. Sobchak in Música
O outro día estiven polo percebe son. Cousa bonita. Entroutras cousas  fiquei pampo cando os ataque escampe [ en versión trío acústico] tocaron todo un set-list con pezas do seu novo disco Violentos anos dez.. Pois seica vai incluír unha versión de… Festa malandomica! dos grandísimos Malandrómeda. Así a peza brutal do Jevi e Caldeirada vai ser fusionada coas melodías Vista Alegre Style. Eu levo varios dias co ataque malandrómico metido na cachola.
Ante tal colisión de talento  eu so podo dicir,  que somos potencia cona!  [aínda que o saibamos moi poucos]
Febreiro 7th, 2011

Do que fala Murakami cando fala de correr

Posted by W. Sobchak in Livros
Suponho que andaran todos os bos lectores gozando co ultimo de Murakami. Pois eu aínda rematei o outro día o penúltimo que editaron en lingua limitada: do que estou a falar cando falo de correr
E supoño que o talento será isto. Eu levo anos cunha serie de eivas que me impiden correr. E agás pequenas saudades das pachangas de basket, é algo do que nin me lembro na miña vida cotiá. E mira ti por onde, foi ler a este señor xaponés e comezar a devecer por poder voltar a dar voltas pola ferradura de Compostela cun pintor do país.
Éche un libro fermoso.

Por certo, a rapaza que me recomendou o libro, gabou tanto o estilo do nipón como a tradución ao galego de Mona Imai e Gabriel Álvarez Martinez.  E gabou ben!

Febreiro 6th, 2011

Pereiro rules!

Posted by W. Sobchak in Livros, Outras lerias

Arrinca o ano Pereiro con toda a forza que podíamos agardar do talento a esgalla do de Monforte. E como mostra, basta con dar umha vista de ollos á web do espectáculo que Nordesía, Filmanova e Kachet coproducen sobre Lois
E tamén ao vídeo do acto que fixeron o outro día na Coruña para a presentación da súa fotobiografía sonora. Momentos bonitos os que alí se viviron. Bonitos e incribles, ou senón  mirade cara o final como o mesmísimo Conselleiro Ilimitado ovaciona a eito a O Leo. Poderoso Pereiro, abofé