CCCP

Febreiro 7th, 2011

Do que fala Murakami cando fala de correr

Posted by W. Sobchak in Livros
Suponho que andaran todos os bos lectores gozando co ultimo de Murakami. Pois eu aínda rematei o outro día o penúltimo que editaron en lingua limitada: do que estou a falar cando falo de correr
E supoño que o talento será isto. Eu levo anos cunha serie de eivas que me impiden correr. E agás pequenas saudades das pachangas de basket, é algo do que nin me lembro na miña vida cotiá. E mira ti por onde, foi ler a este señor xaponés e comezar a devecer por poder voltar a dar voltas pola ferradura de Compostela cun pintor do país.
Éche un libro fermoso.

Por certo, a rapaza que me recomendou o libro, gabou tanto o estilo do nipón como a tradución ao galego de Mona Imai e Gabriel Álvarez Martinez.  E gabou ben!

2 Responses to ' Do que fala Murakami cando fala de correr '

Subscribe to comments with RSS

  1. aultre narai said,
    on Marzo 26th, 2011 at 9:09 p.m.

    Gabriel estudou comigo, foi un autodidacta na aprendizaxe do xaponés. Un crack!

    Por certo, este libro fixo que me enganchase a correr…

  2. W. Sobchak said,
    on Marzo 29th, 2011 at 3:33 p.m.

    japones de xeito autodidacta… mimadrinha…

Sorry, the comment form is closed at this time.