Luther

Acabo de ler “el arte de volar“. Unha intensa e emotiva novela gráfica con debuxos de Kim e guión de Antonio Altarriba, quen reconstrúe a vida do seu pai desde o seu nacemento no rural aragonés a comezos do SXX até o seu suicidio noventa anos despois. É unha historia dificil, como a de moita xente que viviu aqueles días. Narrada con forza e lirismo.
A min prestoume moito. Como había tempo que non o facía nengunha banda desenhada. E coido que é imprescindíbel
Iso si, ainda outro día falaba de que houbo a quen lle resultou tremendamente dura, mesmo mais que Maus. Ainda que evidentemente todo depende da distancia que sexas quen de por coa historia
Aquí tedes unha crítca con mais xeito, e aquí un vídeo con imaxes do libro, evidentemente con spoilers…
Tou a flipar coas cousas bonitas que fai nos muros Alexandro Farto
Andaban onte a circular pola rede a serie de pais e fillos da xermana Frauke Thielkin.
Eu non puiden evitar lembrar os primeiros traballos de Andrea Costas
[gv data=”R1VkZVlgxAQ” width=”450″][/gv]
Por casualidade achei onte este vídeo do concerto que Lamatumbá deu en Xullo do 2010 na Quintana. Son 40 minutos nos que coido que se transmite a enerxía e as sensacións [lumeeee] que se viviron nesa xira dos de Ourense. A gravación é da a xente de Pixelín [blog]
Xa contei que fun á última de The homens, pois aqui deixo catro fotiños que tirei por se a alguén lle interesean
O sueco Andreas Englund creou un vedranho superheroe. Mais non escolleu a banda desenhada para contalas súas desventuras, senon que o fai en lenzos.
Desde xa pasan a formar parte da miña pinacoteca ideal [e imposíbel de acadar]
Coido que por latitudes próximas é complicado ver choios de tanta calidade. Agás os da ESCAC, claro. Pero, como xa lle dicían a Pepe Carvalho nos 80, Aquílo é Europa
Video de Ariel Ninas para anunciar o curso de música para peto que vai impartir na Gentalha do Pichel en Santiago D.C. Segundo as súas propias palabras “Curso para todos os níveis sobre instrumentos que podam ser levados no peto, porque a música é o refúgio onde podermos agochar-nos contra o aborrecimento, a defesa da mediocridade”
Tanto o vídeo como o curso teñen unha pinta caralluda. Mais eu lamento moito que os de Anís del Mono non quitaran botellas desas benxamíns que entraran no peto, non?
[gv data=”JnUOu_2hhkc” width=”450″][/gv]
.. e pouco máis hai que engadir, non?
enjoy it, ho!