CCCP

Outubro 11th, 2011

Rugby

Posted by W. Sobchak in Outras lerias
Lin o outro día polo twitter que seica o rugby é hispter. Debe selo por que un gafapasta pseudocultureta coma min devece por el. E tou na época propicia porque  xa vai  máis de un mes de mundial e eu touno a pasar quinindios. Se evitas aos países do leste de Europa ( Romanía, Georgia)é imposíbel ver un partido aburrido. Neste deporte non existe a especulación.
Por momentos pensei en aproveitar para dar a miña visión atravesada do evento, ao estilo traveseiro. E non me faltarían argumentos como as diversas hakas [comparade o estilo voluntarioso dos de Tonga, contra os esmagadores neozelandes, co agarimoso Alli Williams en primeiro plano],  ou mesmo  estilos capilares.
Decidín no facelo, porque non quero favorecer a popularización de algo tan snob [entón tería que buscar outra afección]
De todos os xeitos aínda quedan catro partidos e de seguro que van ser bonitos xa que quedan Gales,  o equipo que mellor rugby fixo ate o de agora, Francia, os inventores do rugby champaña [aínda que ultimamente semella que fan cava extremeño], a imprevisíbel Australia e os inmensos All Blacks. Eu de vos aproveitaba para darlle unha oportunidade a o invento.
Pola miña banda, ando un chisco triste xa que perdeu Irlanda, no que supón o adeus a unha xeración de xogadores [entre eles,  O´connell na foto superior] que me fixo vibrar, e padecer sobre todo, que as veces parecía que eu un deses da beira do Manzanares
E falando de rugby, o outro día vin en disquecool unha ligazón a unha reportaxe  de Informe Robinson sobre o Vigo Rugby e o seu adestrador All Black. Paga a pena.

Os comentarios están pechados.

Sorry, the comment form is closed at this time.