CCCP

Marzo 20th, 2012

Martin Roemers

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Reliquias da guera fría é unha serie de Martin Roemers un deses fotoxornalistas dos que tanto gostamos por aquí

 

Marzo 18th, 2012

Malas linguas de Sokram

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Malas linguas é o nome deste mural que fixo en Ordes Sokram e que na súa web podemos velo mais polo miúdo BTW ten bastantes cousas chulas así que ben podedes pasar un bo rato visitando o sitio

Marzo 16th, 2012

Clemence Veilhan

Posted by W. Sobchak in Fotografía

As veces presta unha lixera sesión de fotografía  naif, como a  da francesa Clemence Veilhan

Marzo 15th, 2012

Young adult

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Vin Young Adult o último filme do Jason Reitman. Del vira,e  gostara, Juno e Up in the Air. Coido que ámbalas dúas compartían o retrato de personaxes comúns da América media [co aculturizados que estamos polo imperio, xa asumimos ese medio como algo coñecido para nos]  nalgún momento clave da súa vida [home claro, se non que historia vai a haber] E facíanos participes das súas miserias e ledicias, pero todo tamizado polo ton da comedia e  polo verniz dun forte agarimo cara eles. Pois ben, en Young Adult a comedia e o  cariño desaparecen. E o que queda é  unha personaxe patética, con grandes doses de  miseria e unha grandísima sensación de incomodidade que se nos transmite sen fin [xa sabedes remexerse na butaca con sensación rara, mesmo ganas de tapar a cabeza…]  E así temos un filme que é máis complicado de ver. Porque estar non está peor contado [estilo naturalista, case que impecábel] pero dende logo gozas moito menos co seu visionado. Supoño que é deliberado, pero sen dúbida é arriscado.

E por outra banda, non quería deixar de comentar algo que me chamou a atención de vez  [Warning: mini-spoiler] Todos os gurús e teóricos do guión fan énfase na importancia vital do “arco do personaxe”  Basicamente sería a a transformación que sufre o protagonista dede o comezo da historia ata  despois da catarse que supón a resolución do conflito.  Suponse que máis do 99 % dos filmes  que veñen de alén do Atlántico, cumpren esa premisa agás personaxes estilo James Bond [The pale rider, é unha das poucas excepcións recoñecida] Pois ben no caso da personaxe de Charlize Theron eu non vin esa transformación por ningunha parte, E aínda por riba, non sei  se é algo premeditado ou se o guión fracasa no intento.

De todos os xeitos, non me queda nada claro se a recomendo ou non. Non sei se me explico

 

Marzo 7th, 2012

Andreas Laszlo Konrath

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Andreas naceu perto de Londres a comezos dos 80, fillo dun arquitcto húngaro e unha bailarina de ballet inglesa. Estudou belas artes é marchou para Brooklyn. Foi guitarrista de bandas punkarras e metaleiras. É un apaixonado do Skate e da fotografía. Como era visto, o seu portafolio é extenso e intenso

Marzo 2nd, 2012

Arqueoloxía desenho-músical

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho


Cartaz do concertazo de presentación do 3º disco dos ruxeruxe (a terra dos comentos, 2002) na Sala Nasa ( DUP).  O autor (continxente) seica pretendeu xogar con iso da catografía poética

Marzo 1st, 2012

Submarine

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Mira que se escoita rosmar a xente sobre a cantidade de películas que hai sobre a guerra civil. Hai máis sobre a adolescencia, ou non?  Non supón problemas para min. O da guerra civil tampouco. O que si me ten aborrecido é esa adolescencia extrabrillanteplasticosa e siliconeada dos filmes de Hollywood. E así  co colonizadiños que estamos, sufrimos un asolagamento de animadoras, xogadores de football ( que non soccer), bailes de graduación e demais ritos pagáns. E o peor é que desde outras latitudes copiamos eses ecosistemas.
Se cadra é por iso que me prestou Submarine de Richard Ayoane, infinitamente mais coñecido por ser o nerd Moss en The I.T Crowd. Porén, lonxe de militar no humor absurdo británico  esta pequena, que non cativa,  película  ofrece un bocado de adolescencia, co seu aquel agridoce,  bastante realista, ou polo menos a min mo pareceu. Todo narrado dun xeito persoal, que se agradece.
Ademais esta ambientada nos anos 80 en Gales. Que xa sei que presta moito o de facer comparacións con Escocia, pero mais non valería asumir que os galegos somos mais parecidos aos galeses, menos visíbeis, mais inofensivos ( agás no rugby, claro)

BTW: nin caso coa sinopse en castelán que circula pola rede. Nada que ver