CCCP

Marzo 1st, 2012

Submarine

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Mira que se escoita rosmar a xente sobre a cantidade de películas que hai sobre a guerra civil. Hai máis sobre a adolescencia, ou non?  Non supón problemas para min. O da guerra civil tampouco. O que si me ten aborrecido é esa adolescencia extrabrillanteplasticosa e siliconeada dos filmes de Hollywood. E así  co colonizadiños que estamos, sufrimos un asolagamento de animadoras, xogadores de football ( que non soccer), bailes de graduación e demais ritos pagáns. E o peor é que desde outras latitudes copiamos eses ecosistemas.
Se cadra é por iso que me prestou Submarine de Richard Ayoane, infinitamente mais coñecido por ser o nerd Moss en The I.T Crowd. Porén, lonxe de militar no humor absurdo británico  esta pequena, que non cativa,  película  ofrece un bocado de adolescencia, co seu aquel agridoce,  bastante realista, ou polo menos a min mo pareceu. Todo narrado dun xeito persoal, que se agradece.
Ademais esta ambientada nos anos 80 en Gales. Que xa sei que presta moito o de facer comparacións con Escocia, pero mais non valería asumir que os galegos somos mais parecidos aos galeses, menos visíbeis, mais inofensivos ( agás no rugby, claro)

BTW: nin caso coa sinopse en castelán que circula pola rede. Nada que ver

2 Responses to ' Submarine '

Subscribe to comments with RSS

  1. trivia said,
    on Marzo 1st, 2012 at 12:10 p.m.

    a min tamén me prestou.

    … tamén inflúe que os de trintaetantos poñémonos nostálxicos cos cativos “ambientados” nos 80

  2. W. Sobchak said,
    on Marzo 1st, 2012 at 2:35 p.m.

    A adolescencia (ben plasmada) prestános a todos. É loxico ter saudade dela. Co mal que se pasa neses anos, tamén é cado máis cousas pasan. Máis se o comparamos cos tempos anodinos que pasan despois
    (vaites, igual que a guerra civil e os corenta anos que viñeron despois)

Sorry, the comment form is closed at this time.