CCCP

Marzo 15th, 2012

Young adult

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Vin Young Adult o último filme do Jason Reitman. Del vira,e  gostara, Juno e Up in the Air. Coido que ámbalas dúas compartían o retrato de personaxes comúns da América media [co aculturizados que estamos polo imperio, xa asumimos ese medio como algo coñecido para nos]  nalgún momento clave da súa vida [home claro, se non que historia vai a haber] E facíanos participes das súas miserias e ledicias, pero todo tamizado polo ton da comedia e  polo verniz dun forte agarimo cara eles. Pois ben, en Young Adult a comedia e o  cariño desaparecen. E o que queda é  unha personaxe patética, con grandes doses de  miseria e unha grandísima sensación de incomodidade que se nos transmite sen fin [xa sabedes remexerse na butaca con sensación rara, mesmo ganas de tapar a cabeza…]  E así temos un filme que é máis complicado de ver. Porque estar non está peor contado [estilo naturalista, case que impecábel] pero dende logo gozas moito menos co seu visionado. Supoño que é deliberado, pero sen dúbida é arriscado.

E por outra banda, non quería deixar de comentar algo que me chamou a atención de vez  [Warning: mini-spoiler] Todos os gurús e teóricos do guión fan énfase na importancia vital do “arco do personaxe”  Basicamente sería a a transformación que sufre o protagonista dede o comezo da historia ata  despois da catarse que supón a resolución do conflito.  Suponse que máis do 99 % dos filmes  que veñen de alén do Atlántico, cumpren esa premisa agás personaxes estilo James Bond [The pale rider, é unha das poucas excepcións recoñecida] Pois ben no caso da personaxe de Charlize Theron eu non vin esa transformación por ningunha parte, E aínda por riba, non sei  se é algo premeditado ou se o guión fracasa no intento.

De todos os xeitos, non me queda nada claro se a recomendo ou non. Non sei se me explico

 

Os comentarios están pechados.

Sorry, the comment form is closed at this time.