CCCP

Abril 29th, 2012

Schell Studio

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho


Anda que non prestaba ter cartos para facer unha peli de ficción cientifica desas e contratar aos de Schell Studio, ou que?

Abril 27th, 2012

Parede bonita en Arrecife

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho, Wonderful World

Abril 26th, 2012

Enredando nas silveiras

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

Non é en Costa Rica. É en Cospeito. É o Lagarto das Silvas [lacerta schreiberi], que tiven a sorte de descubrir o outro día pola banda da lagoa da Terra Cha [premer na imaxe para ampliar]
Foi no marco do Curso de identificación de Anfibios e Réptiles que impartiu  Martiño Cabana  organizado pola Casa das Insuas [a calidade do traballo e as redes que son quen de tecer os naturalistas galegos ten de  ser un exemplo para o resto da sociedade civil galega]
E a que vén todo isto?  A que é unha mostra máis de que en Galicia temos mil e un tesouros dos que podemos desfrutar e que temos que protexer. Non é preciso ir lonxe para achar mil e unha cousas bonitas.

Pero mentres, na lonxana galaxia dos piratas dos despachos, teiman en acabar con todo o patrimonio que nos deixou a boa xente que estivo por aquí antes  ca nos [Por ruindade, abofé. Mais tamén por pura ignorancia]

Todo isto xa o dixeron mellor  e ,infinitamente, máis bonito os  Fluzo

Abril 25th, 2012

Try walking on my shoes

Posted by W. Sobchak in Fotografía

De por si, as polaroids fanme estar alerta. Por puro prexuízo. Mais desta volta prestoume esta montaxe [premer para ampliar] de Matteo Varsi

 

Abril 25th, 2012

As filhas do fucking Blissett

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho, Outras lerias

As filhas saíron rabudas e promoven o activismo. Elas desenhan. Ti podes imprimir e pegar.

Todos somos o emisor, o medio, a canle e o receptor

Abril 24th, 2012

O Chicago de Scott Strazzante

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Ao Imperio Grande podemos pórlle moitos defectos, mais temos de reconhecerlle algumhas virtudes. E umha delas sen dúbida é o “fotografables” que son as súas urbes.
Scott Strazzante é un fotografo dun xornal de Chicago, e no seu blog podemos ver o seu traballo devagar. Se cadra hai moita fotografía deportiva, pero as imaxes de rúa non teñen desperdicio. Coido

Abril 23rd, 2012

The World’s Most Downloaded Man

Posted by W. Sobchak in Fotografía

[gv data=”fAKBZZKFywU” width=”450″][/gv]
Un fotógrafo dun pequeno estudo brasileiro vs Un popular modelo dos bancos de imaxe. Segundos fora!

Abril 21st, 2012

Percebelleiros

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Percebelleiros é como lle din aos que apañan o percebe pola banda de Cedeira, que é onde esta gravado este vídeo [que se chama percebeiros… ] Xa ten un tempo e xa circulou dabondo pola rede. Pero foi en tempos que o CCCP estaba a barbeito, e hoxe é un bo día para revisitalo e redescubrir as beleza da bravura do mar e a afoutezas destes homes.

BTW o autor David Berain ten unha canle en Vimeo que paga moito a pena: enpiedeguerra

Abril 20th, 2012

Os pilotos de García

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Lembro que cando vin Pulp Fiction, no desaparecido Yago, flipei ,coma todo mundo. Aínda que había cousas que se me escapaban. Unha das moitas, era cando Mía lle conta  a Vicent que  o cumio da súa carreira como actriz  fora participar nun Piloto para TV. Non me quedou  nada claro [a parte de que a dobraxe se carga o chiste, malo de por si]  E non me estrana  porque que podía saber sobre os pilotos   un adolescente do Reino de España  onde [tanto nos 90 como agora] o ser ou non ser das series se decide sobre proxectos en papel
Nada que ver co Imperio Grande, onde todos os setembros os executivos das cadeas fan criba entre toda unha serie de pilotos de series para decidiren cales acaban nas súas grellas. E de pasar ese corte, aínda queda o da audiencia. Por iso que os pilotos das series iankis tenden a ser impactantes. E non se andan con caralladas de recatarse á hora de gastar os cartos

E toda este rollo ven porque estou a ver Raising Hope, que ten como produtor executivo a Greg García [A.K.A. creador], que tamén o fora de My Name is Earl. E desde aquí quero dicir que é o tipo que fai os pilotos mais  asombrosos, e simpáticos do mundo. Porque se o da serie de Jason Lee era brutal o da súa ,relativamente [ xa vai polo final da 2º temporada] ,nova serie  é o non va máis. O que pasa é que o CCCP estamos superencontra dos Spoilers. Así que si queredes saber máis xa sabedes o que facer.
De todos os xeitos si diremos que ambas series comparten ese humor baseado en zafios personaxes xurdidos do lumpen do sur dos EUA.  Que non todo vai ser ese mundo de plástico e metracrilato das grande cidades do Imperio, ho!

Abril 20th, 2012

Os Targaryen invaden Ortigueira

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Eis o desenho ganhador do concurso para elixir o cartaz do festival de Ortigueira do ano 2012. É obra de Cristobal Aguiló un  rapaz da banda de Murcia

Aviso para despistados coma min. Non é un desenho por computadora. E a fotografía dun modelado en plastilina

[xa me tarda que alguén escriba o guión para Daenerys e un señor de Murcia]

Abril 19th, 2012

Samesugas – Exploding Heart

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”4-mdDjEYkYI” width=”450″][/gv]

Vivo tanto na pola, que aínda descubrín hoxe, grazas a esta entrevista en dioivo, este video non oficial da peza de presentación do novo disco dos Samesugas. Que grandes son os condenados!

[no video aparecen algún dos sospeitosos habituais da noite galega, ou polo menos sospeitosos da época na que eu andaba por aí]

Abril 18th, 2012

“Quiero estar el resto de mi vida contigo”

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Pequéna pílula audiovisual de Manuela Moreno. Por uns instres pensei [prexuizoso] que era o típico columpio de Armero. Mais non…

Abril 17th, 2012

Kitai Kazuo: “Spanish Night”

Posted by W. Sobchak in Fotografía

O fotógrafo xaponés Kazúo Kitai visitou o Reino de España alá por 1977 e fotografou a súa noite. Ágora publica un libro con aquel traballo, e aquí podemos ver algunhas das imaxes.

Gostei especialmente porque penso que vivimos nunha sociedade de novos ricos desmemoriados, e non é preciso irse ata o franquiso e Eugene Smith para achar unha realidade  menos dourada.

vía papel continuo [ese clásico]

Abril 14th, 2012

Un de Ordes polo mundo

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

Non quedan vacas. Non quedan blogues. E mira que eu gostaba deles. Sobre todo dos primitivos,dos “modo diario”. Por iso, aínda pasei un bo momento lendo o diario de Ivan Raña. Nel, sobre todo. conta as súas peripecias competindo en triatlóns polo mundo adíante. Mais deixa caer unhas pingas do xénero clásico de “blogue de viaxes”. Non é iso exactamente, xa que non admite comentarios.Pero aínda menos mal.O rapas de Ordes, alén dunha grande resistencia física ten un estilo ameno ao escribir. Tamén ten unha vida intensa, abofé, e semella bo tipo
[achtung!. se aborreces as crónicas deportivas non gastes o teu tempo nel]

Por outra banda, o seu colega de disciplina Javier Gomez Noya. Tamén ten un blogue na súa páxina. Mais non lle da moito uso.

Mira que é duro o triatlón, e que pouco recoñecemento económico/social da. Xa sabemos. O fútbol é así. Sorte para os dous en Londres!

Abril 13th, 2012

Bonita parede en Lugo

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho, Wonderful World

Páxina seguinte »