CCCP

Abril 3rd, 2012

California 83 de Pepe Colubi

Posted by W. Sobchak in Livros

Cando esta cousa dos blogues estaba en auxe, eu era especialmente seareiros dos expatriados que contaban as súas aventuras en terras ignotas. Non se pode negar que o formato “diario” ten un especial valor cando estas fora da casa, xa que cada día pasan cousas “especiais”. Pois ben, acabo de constatar que este  formato  trasladado á novela deixa que desexar.  California 83 é o libro de Pepe Colubi [afamado  twitteiro, a quen eu coñezo pola revista esa das cuartas feiras] no que narra as súas vivencias ao facer COU no Imperio no comezo do reinado de Ronald Reagan. Pois precisamente esa estrutura laxa, foi o que me non me fixo conectar en ningún momento. Iso é  o permanente ton de “que enrollado son” que o autor non abandona en ningún momento.
De todos os xeitos, deixase ler sen problema, que xa é dabondo.

[até o de agora case que non fixen reseña das miñas lecturas na lingua de Valle Inclán, mais mira ti por onde acabo de descubrir que me resulta bastante máis doado facer xuízos negativos da literatura do imperio pequeno. Cousas veredes]

Os comentarios están pechados.

Sorry, the comment form is closed at this time.