CCCP

Abril 10th, 2012

Kick ass

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

As veces os gafapastas esquecemos que o cine non é máis que un espectáculo de feira, do que os culturetas, entroutros, querémonos apropiar. Mais se nos quedamos con ese espírito dos alicerces do medio, que mais se pode pedir que pasar un bo rato fronte a pantalla [sen necesidade de tornar en amebas] Con esta premisa podo dicir que gocei de KicK Ass. Estamos ante un filme cun estilo que  mestura os libros de super heroes de banda desenhada [está baseado nunha novela gráfica, que seica está moi ben, que eu non lin], comedia teen,  videoxogos, ou estilo Tarantino  [que a súa vez é  a mestura de tantos outros: serie B, cine oriental de artes marciais, spaghetti western, banda sonora non orixinal…]  con toques de Guy Ritchie  [o director foi produtor dos seus primeiros filmes]

Pois con estes ingredientes, xa sabedes o que podedes degustar. Mais se non gostas do pescado, non comas fideúa. Non sei se me explico

2 Responses to ' Kick ass '

Subscribe to comments with RSS

  1. Lilith said,
    on Abril 20th, 2012 at 12:52 p.m.

    Este filme tem a melhor personagem feminina em muuuuuuitos anos

  2. W. Sobchak said,
    on Abril 20th, 2012 at 2:35 p.m.

    refireste á moza do Kick-Ass non? Ë Lyndsy Fonseca , fermosa muller. BTW sabías que é a filla de Ted Mosby en HIMYM :mrgreen:

    Porque a rapariga esa, a Hit-Girl, é un papel un pouco eslamiado… Tipico rollo para gustar ao público infantil 😎

Sorry, the comment form is closed at this time.