CCCP

Abril 14th, 2012

Un de Ordes polo mundo

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

Non quedan vacas. Non quedan blogues. E mira que eu gostaba deles. Sobre todo dos primitivos,dos “modo diario”. Por iso, aínda pasei un bo momento lendo o diario de Ivan Raña. Nel, sobre todo. conta as súas peripecias competindo en triatlóns polo mundo adíante. Mais deixa caer unhas pingas do xénero clásico de “blogue de viaxes”. Non é iso exactamente, xa que non admite comentarios.Pero aínda menos mal.O rapas de Ordes, alén dunha grande resistencia física ten un estilo ameno ao escribir. Tamén ten unha vida intensa, abofé, e semella bo tipo
[achtung!. se aborreces as crónicas deportivas non gastes o teu tempo nel]

Por outra banda, o seu colega de disciplina Javier Gomez Noya. Tamén ten un blogue na súa páxina. Mais non lle da moito uso.

Mira que é duro o triatlón, e que pouco recoñecemento económico/social da. Xa sabemos. O fútbol é así. Sorte para os dous en Londres!

Os comentarios están pechados.

Sorry, the comment form is closed at this time.