CCCP

Abril 19th, 2012

Samesugas – Exploding Heart

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”4-mdDjEYkYI” width=”450″][/gv]

Vivo tanto na pola, que aínda descubrín hoxe, grazas a esta entrevista en dioivo, este video non oficial da peza de presentación do novo disco dos Samesugas. Que grandes son os condenados!

[no video aparecen algún dos sospeitosos habituais da noite galega, ou polo menos sospeitosos da época na que eu andaba por aí]

4 Responses to ' Samesugas – Exploding Heart '

Subscribe to comments with RSS

  1. O Traveseiro said,
    on Abril 19th, 2012 at 4:51 p.m.

    Vinos hai un par de meses na Coruña xunto cunha banda local, The Fuzzbombs (disque os Samesugas ofrecéronlle ao cantante ser o seu vocalista) e moláronme bastante.

    O tema que escolliches é boísimo, mais fico con “Tóxico Injecta”, con letra dun poema do Lois Pereiro.

  2. W. Sobchak said,
    on Abril 20th, 2012 at 10:49 a.m.

    Os samesugas sempre tiveron un directo potentísimo. O que me chamou a atención da peza esta é o punto melódico, que antes non estaba tan presente nos seus traballos.

    Ofereceron incoporar un vocalista? Podería ser curioso!
    un saúdo,meu

  3. Lilith said,
    on Abril 20th, 2012 at 12:48 p.m.

    Pfff muuuuui guapa a cançom.

    Por certo Anido baila bastante.

  4. W. Sobchak said,
    on Abril 20th, 2012 at 2:30 p.m.

    O baile de Anido Foi no Festeiro 08 e nos estivemos lá http://cccp.blogaliza.org/2008/08/04/festeiro-rock-08/. Visto en perspectiva pode que fora o mellor festival no que eu estiven nunca 😎

Sorry, the comment form is closed at this time.