CCCP

Abril 20th, 2012

Os pilotos de García

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Lembro que cando vin Pulp Fiction, no desaparecido Yago, flipei ,coma todo mundo. Aínda que había cousas que se me escapaban. Unha das moitas, era cando Mía lle conta  a Vicent que  o cumio da súa carreira como actriz  fora participar nun Piloto para TV. Non me quedou  nada claro [a parte de que a dobraxe se carga o chiste, malo de por si]  E non me estrana  porque que podía saber sobre os pilotos   un adolescente do Reino de España  onde [tanto nos 90 como agora] o ser ou non ser das series se decide sobre proxectos en papel
Nada que ver co Imperio Grande, onde todos os setembros os executivos das cadeas fan criba entre toda unha serie de pilotos de series para decidiren cales acaban nas súas grellas. E de pasar ese corte, aínda queda o da audiencia. Por iso que os pilotos das series iankis tenden a ser impactantes. E non se andan con caralladas de recatarse á hora de gastar os cartos

E toda este rollo ven porque estou a ver Raising Hope, que ten como produtor executivo a Greg García [A.K.A. creador], que tamén o fora de My Name is Earl. E desde aquí quero dicir que é o tipo que fai os pilotos mais  asombrosos, e simpáticos do mundo. Porque se o da serie de Jason Lee era brutal o da súa ,relativamente [ xa vai polo final da 2º temporada] ,nova serie  é o non va máis. O que pasa é que o CCCP estamos superencontra dos Spoilers. Así que si queredes saber máis xa sabedes o que facer.
De todos os xeitos si diremos que ambas series comparten ese humor baseado en zafios personaxes xurdidos do lumpen do sur dos EUA.  Que non todo vai ser ese mundo de plástico e metracrilato das grande cidades do Imperio, ho!

Os comentarios están pechados.

Sorry, the comment form is closed at this time.