CCCP

Abril 26th, 2012

Enredando nas silveiras

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

Non é en Costa Rica. É en Cospeito. É o Lagarto das Silvas [lacerta schreiberi], que tiven a sorte de descubrir o outro día pola banda da lagoa da Terra Cha [premer na imaxe para ampliar]
Foi no marco do Curso de identificación de Anfibios e Réptiles que impartiu  Martiño Cabana  organizado pola Casa das Insuas [a calidade do traballo e as redes que son quen de tecer os naturalistas galegos ten de  ser un exemplo para o resto da sociedade civil galega]
E a que vén todo isto?  A que é unha mostra máis de que en Galicia temos mil e un tesouros dos que podemos desfrutar e que temos que protexer. Non é preciso ir lonxe para achar mil e unha cousas bonitas.

Pero mentres, na lonxana galaxia dos piratas dos despachos, teiman en acabar con todo o patrimonio que nos deixou a boa xente que estivo por aquí antes  ca nos [Por ruindade, abofé. Mais tamén por pura ignorancia]

Todo isto xa o dixeron mellor  e ,infinitamente, máis bonito os  Fluzo

3 Responses to ' Enredando nas silveiras '

Subscribe to comments with RSS

  1. Jouks said,
    on Abril 26th, 2012 at 8:28 p.m.

    Anda a Carolina a mirar por el.

  2. Jouks said,
    on Abril 26th, 2012 at 8:30 p.m.

    Podía ser Feijóo ou calquera urbanita paleto, tamén.

  3. paideleo said,
    on Abril 29th, 2012 at 11:06 p.m.

    Un arnal precioso.

Sorry, the comment form is closed at this time.