
Nunha nova mostra do noso anacronismo nisto das tendencias, aínda acabamos de ver Scott Pilgrim vs The World do inglés Edgar Wright . Está baseado nunha serie de novelas gráficas que eu descoñecía por completo, e mestura sen complexos a linguaxe da banda desenhada coa dos videoxogos. É certo que eu non son un xugón deses, e que por momentos aborrecín un chisco das pelexas, que se me fixeron longas de máis [non sei porque os humanos teiman en buscar fórmulas a un formato que xa alcanzou o seu cumio con Akira Toriyama] máis prestoume. Gostei moito da súa linguaxe narrativa e da súa estética. Iso si, hai que vela concentrados de vez, pois a cantidade de información que hai en cada fotograma roza o inabarcábel [agás para os ciborg, se cadra].
É fresca e divertida e ten umha banda sonora caralluda. Non sei que máis podo dicir…