CCCP

Maio 1st, 2012

Win Win

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Contextualicemos: Win Win  de Thomas McCarthy,  é cinema indie dese. É dicir, os seus conflitos non tenhen que ver con crises mundiais, senón cos , non menos abafantes, problemas cotidianos da common pepole™.  Mais o indie que arrincou con forza aló  nos anos 90, por pura lóxica cronolóxica pasa de ocuparse dos dilemas existenciais de mozos universitarios aos  diso que se chama mediana idade. Tamén sabemos  que o indie é territorio ianki.  E polo tanto o filme xira en torno a  valore s tan anglosaxóns como a honestidade [e o feo que e iso de “cheat” para eles…e fan ben] e a familia. Pero polo menos con unha mirada de compresión cara a figura  dos Losers,  e non se poñen repunantiños con iso do éxito persoal [por riba dos demais preferiblemente]
E por suposto ,tamén é sabido que este un cine maino que procura películas sinxelas e correctas. E que nelas  non debemos salientar a acción senón outro tipo de cousas.  Win Win está  moi, moi ben interpretada[adorei a  Amy Ryan]E ten  umha fotografía que consigue ser preciosa en todo momento a pesar de retarar un sitio tirando a feo cun estilo minalista.

Tendo en conta a cantidade de bostas que trago ultimamente,  doume por satisfeito con películas como esta [non teño moi claro se isto é bo ou malo]

Os comentarios están pechados.

Sorry, the comment form is closed at this time.