CCCP

Maio 2nd, 2012

Scott Pilgrim vs The World

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Nunha nova mostra do noso anacronismo nisto das tendencias,  aínda acabamos de ver Scott Pilgrim vs The World  do inglés Edgar Wright . Está baseado nunha serie de novelas gráficas que eu descoñecía por completo, e mestura sen complexos a linguaxe da banda desenhada coa dos videoxogos. É certo que eu non son un xugón deses, e que por momentos aborrecín un chisco das pelexas, que se me  fixeron longas de máis [non sei porque os humanos teiman en buscar fórmulas a un formato que xa alcanzou o seu cumio con Akira Toriyama] máis prestoume. Gostei moito da súa linguaxe narrativa e da súa estética. Iso si, hai que vela concentrados de vez, pois a cantidade de información que hai en cada fotograma roza o inabarcábel [agás para os ciborg, se cadra].

É fresca e  divertida e ten umha  banda sonora caralluda. Non sei que máis podo dicir…

Os comentarios están pechados.

Sorry, the comment form is closed at this time.