CCCP

Maio 3rd, 2012

Never let me go

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Never let me go  é un filme de ficción científica, pero non é un deses onde os efectos especiais levan o peso senon que é dos que se centra nos sentimentos e nas  relacións dos seus personaxes nesa realidade que lle tocou vivir.  É a película máis triste que vin en moito tempo.
Está a rede inzada de críticas que cualifican a súa realización de “fría”. Pola contra a min pareceume pulcra, e mesmo impecábel de forma. Se cadra é a diferencia entre o cinema inglés clásico é o do Hollywood actual, que con unha presmisa bastante similar fai The Island.
Tamén hai moitas críticas dos lectores da novela na que está baseada, que seica está mellor. Eu non lin, mais será certo  como no 99 % dos casos  [ e si,  Game of Thrones é umha das excepcións]

Os comentarios están pechados.

Sorry, the comment form is closed at this time.