CCCP

Marzo 18th, 2012

Malas linguas de Sokram

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Malas linguas é o nome deste mural que fixo en Ordes Sokram e que na súa web podemos velo mais polo miúdo BTW ten bastantes cousas chulas así que ben podedes pasar un bo rato visitando o sitio

Marzo 2nd, 2012

Arqueoloxía desenho-músical

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho


Cartaz do concertazo de presentación do 3º disco dos ruxeruxe (a terra dos comentos, 2002) na Sala Nasa ( DUP).  O autor (continxente) seica pretendeu xogar con iso da catografía poética

Febreiro 29th, 2012

Menina intruder

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

A menina intruder é a minha favorita das que habitan no barrio de Canido [Ferrol]

Febreiro 28th, 2012

Os cartaces de arinspunk

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Nesta ligazón pódese ver a colección de cartaces de Arinspunk, vellos coñecidos do CCCP e que son un potente estudio dobre G ( gasteiztarra-galego)

Novembro 25th, 2011

Cinco

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Desde alí ata aquí. Contra todo pronóstico e de xeito non premeditado, que conste…

[A man de arriba é polaca.E  non, non estaba pensando en plaxiar a ningún grupo catalán de makinillo]

Outubro 21st, 2011

Os muros do Alexandre Farto

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Tou a flipar coas cousas bonitas que fai nos muros Alexandro Farto

Outubro 17th, 2011

O superheroe de Andreas Englund

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

O sueco Andreas Englund creou un vedranho superheroe. Mais non escolleu a banda desenhada para  contalas súas desventuras, senon que o fai en lenzos.

Desde xa pasan a formar parte da miña pinacoteca ideal  [e imposíbel de acadar]

Outubro 10th, 2011

Alecríns e tinta china

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho
O outro día na de David Rubín achei unha ligazón a alecríns e tinta china, o blogue de Cristian Fojón,  un cativo de 14 anos da banda de Vidueiros ( Ortigueira) que publica na rede as súas bandas deseñadas.  Non vou engadir eu nada ao que poida dicir un tipo como Rubín, pero a verdade é que non é so a calidade dos deseños, senón que o rapaz ten un moi bo sentido narrativo. Así que madure un pouco, podemos estar ante un grande autor. Abofé.
PD: Cóntanme as miñas fontes orteganas que , foi durante moitos anos o gañador perpetuo do concurso infantil de postais de nadal da bisbarra… calquera lle gañaba
Abril 7th, 2011

Tinta de Lura

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Esta de Manuel Antonio é a camisola que máis me presta das de Tinta de Lura (que xa se poden mercar en Toupa.net) Un feromoso proxecto para levar con fachenda no peito versos galegos.

Que conste que se fora rapaza tamén gostaría moito de levar a de Valentina Carro

Abril 6th, 2011

MovieBarcode

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho


A imaxe de arriba está tirada de MovieBarcode , un tumblr deses onde fan códigos de barras comprimindo todos os fotogramas dun filme ( o de arriba é de Kill Bill )
Aparte de facer cousas bonitas como está coido que tamén é un xeito óptimo de reflexionar sobre as paletas de cores que forman unha peli.
Postaronmo no feisbú, quen dixo que non valía para nada

Marzo 29th, 2011

Di Elas vs Arinspunk

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Onte saiu en todos os sitios o da presentación do disco de Di Elas, si á banda de Tosar. Pois alén da música, compre salientar que o potente desenho gráfico  é das Arinspunk ( blog) das que na CCCP sempre fomos seareiros  incodicionais.

Parabéns!

Xaneiro 12th, 2011

García Rodero no CGAC

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho, Fotografía

Hai no CGAC unha expo de Cristina García Rodero. Ela é unha moi boa fotógrafa. Con unha técnica impecábel. E tira unhas fotos realmente excelentes. Até o de aquí todo correcto
Mais o outro día no TX falaban de que era a visión que a manchega tinha de Galicia. Pois desde ese punto de visto eu tenho pegas. Porque é certo que hai algunhas fotos de “momento decisivo” que son caralludas, propias do  Cartier-Bresson
Pero logo, no que se refire aos retratos está mais próxima a procura de freaks de Diane Arbus que a un retrato social onde reflicta a dignidade dos fotografados, como Eugene Smith cando andou pola peninsula adiante  ou mesmo Ruth Mathilda Anderson moito tempo atrás
E  non che  me presta moito que esa sexa a imaxe que reflicte Galicia. Non sei se me explico

Xaneiro 10th, 2011

Que alguén me leve!

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Inspired by Iceland Video from Inspired By Iceland on Vimeo.

.

a Islandia xa, por favor…
vía

Decembro 1st, 2010

Alavai

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Por unha vez achei algo interesante no caralibro. Alavai unha tenda online  bonita de vez.Vinilos para decorar , tan chulos que dan ghanas de mercalos todos. Con desenhos de Castelao, Seoane, Leandro Lamas, entroutros..

Se eu tivera casa de meu, xa tería mercado varios. Mais , cousas da clandestinidade, vivo  na eterna provisionalidade do alugueiro. Madlita sexa…

Na linha do comercio que hai que apoiar, como as Saias Ledas, das que supoño que xa todas terán unha no seu armario, non?

Decembro 1st, 2010

o famoso set de flickr

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

de cartelería galega que ten de ser moi sonado,mais eu ainda o achei o outro día na de Mario. É o que ten andar todo o día nas verzas

Por certo que eu tou por promover a candidatura das letras galegas para Berto Yañez, ainda que modificando o de que ten que levar morto 10 anos, claro está

« Páxina anteriorPáxina seguinte »