marzo 5th, 2010

Adventureland

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Asumo que admitir que o pasaches bomba vendo umha comedia romántica post-adolescente non queda nada cool. Máis éche o que hai, a min pasoume con Adventureland.
Se cadra pode servir como atenuante que penso que é todo un manifesto á dignificación da figura do loser, ambientada a finais dos 80 no vrao  nun decadente parque de atracións. Ou tamen pode servir para o meu descargo que os sesudos críticos de Días de Cine non a puxeron nada mal [ainda que sospeito que eles foron tanto ou mais losers ca min... e iso que xa non esta o mítico Gasset]

En fin que eu, como trintanheiro cheo desta fachenda  loser , non podo deixar de recomendala!

E non quero rematar sen citar que non sei que pensaba [ou que tomou] o director de casting ao xuntar ao looser-hero de Jesse Einsenberg, ao que recentemente vimos en Zombieland [ o filme co mellor comezo dos últimos tempos] con Kristen Stewart,   a cativa esta das pelis de vampiros [á que un par de cuncas de caldo non lle virían nada mal]

marzo 4th, 2010

Dios no me dios no me ha dado otra manera mejor

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Internete

dios no me ha dado otra manera mejor de  kotetiko en Vimeo.

Xenial trailer falso de un falso documental!
Isto dos trailers falsos xa deu   no seu momento  para un festival. E tamén sirve para que a chavalada que se está a formar faga algunhas cousas xeitosiñas

marzo 3rd, 2010

La teta asustada

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

O outro día comparaba orso nun dos comentarios do CCCP  La teta asustada con El Secreto de sus ojos. Suponho que por que ambas están nominadas a mellor película non-imperial.
Penso que son dúas cousas completamente distintas. A de Campanella é Cine Clásico, así con maiúsculas,  moi influenciado pola cinematografía de Hollywood, que deixa un potente poso. Canto máis tempo pasa, mellor recordo tes dela.
Pola contra a de Claudia Llosa é unha historia pequena, sen pretender máis. O cal non quita que tamén poida ser bonita. Máis con outro punto de vista e narrativa.
Gostei da forma en que en todo momento somos conscientes de que somos miróns, que estamos a botar umha fugaz vista de ollos desde lonxe a un mundo completamente alleo ao noso.  Isto consígueo grazas a umha utilización da cámara sutil,  moi estática e onde predominan os planos xerais e lonxanos.
Xa postos a buscar comparacións, a min lembroume a Play de Alicia Schershon. Xa que, cada unha no seu estilo [ a chilena estaría dentro do coixet style], ambas  fannos reflexionar sobre o invisibles que son os indíxenas nas sociedades latinoamericanas . Todo camuflado por esa esa mentira que se deu por chamar mestizaxe que derivou da conquista  das potencias da  Europa latina. Que no único que se diferenza da eficaz e aséptica aniquilación por parte dos anglosaxóns, é que os desta banda optaron por deixar vivir a algúns para  escravizalos e aparearse coas súas mulleres .
Un detalle que se aprecia no filme é que na lingua indíxena non existe umha palabra para definir “violación”. Así que usan esta. Grande apartación!

febreiro 22nd, 2010

Catch the Sun – Niño y Pistola

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Música

Vía fame&fortune descubrín este divertido video dos Niño y Pistola. Vaise espallando a tendencia de facer videos con catro patacóns e moito sentido do humor entre os indies [ainda que non é nada novo]

febreiro 20th, 2010

25 kilates

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

25 kilates [imdb] é a opera prima de Patxi Amézcua. Cine de xénero  de moi, moi boa factura que pasou case que desapercibido pola carteleira a mediados do ano pasado.E penso que isto é case que é un crime, porque todos os aspectos do filme están a moi bo nivel.

Eu persoalmente salientaría o guión do propio Amézcua, quen seica se formou como guionista no Imperio Grande. Isto notase pois o roteiro é conciso e preciso. Sempre ao servizo da historia e mantendo a dose xusta de tensión e conflito en cada momento.
Tamén fiquei abraiado coa fotografía de Sergi Gallardo. Para comezar captura umha luz apagada, escura moi lonxana do que agardaríamos da cor mediterránea de Barcelona [que mesmo sae fea] Por suposto todo supeditado á perfecta ambientación da historia. E asemade opta por un nada ortodoxo uso da cámara, con unha angulación e unha planificación fora do común. Así gozamos dumha chea de  planos fermosos  e efectivos, mesmo por momentos  acada , con éxito, saltarse o eixo.  Sentidos parabéns ao cinematographer!
E por último, nestes tempos de esquizofrenia ingüística, quero salientar que no filme mestúranse con total normalidade ( e sen subtítulos hoygan!) o catalán e o castelán.

E rematado o capítulo de loubanzas penso que teríamos que cismar en como umha peli  que foi premiada no festival de Málaga [segundo o mandamais do cinema espanhol o máis importante do reino] penou con apenas 12 copias pola carteleira. Obviamente o oligopolio que exercen  de facto as majors iankis na distribución e exhibición  é a meirande rémora que padece o cine estatal. Por outra banda tamén padeceu un mal estendido de coidar pouco o aspecto promocional. De seguro que o cartaz, o trailer e mesmo a sinopse  oficial son  do peor da película.
Porén sexamos optimistas e pensemos que o intelixente novo dirixente do cine espanhol saberá como enfrontarse a isto.

Por suposto que o filme fica poderosamente recomendado!!

[aquí tendes unha crítica en condicións da que gostei]

febreiro 11th, 2010

A xanela

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Xa falaramos aqui do teaser de Xanela, un documental que testemunha as vivenzas de Daria. Umha moza rusa, que veu dar un vrao a Compostela para aprender  galego.
COmo di o Sak, un chisco irreal, mais as veces as pelis de fantasía fanlle ben a un!

febreiro 9th, 2010

Rohmer modelo?

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais
Estiven a ver Pauline a la plage de Rohmer, e deume por cismar  nalgunha cousinha, algunhas  delas referidas a un post do admirado Manolo Gonzalez:
-E evidentísimo que Rohmer é un modelo de produción a seguir,  e máis nun lugar de cinematografía exigua. Mais aínda no caso de achar un tipo co talento suficiente como para facer un bo cinema desas características , canto tardaría a crítica en calificalo de pretencioso, petulante, etc…
-Evidentemente o xefe do cine no Reino de España non gostaría de contar con Rohmer na súa cinematografía. Temos que copiar o modelo do Imperio Grande. Pois alí tenhen moi claro que a industria é do entretemento, nada de caralladas culturais. Para cando é o reconhecemento público de que Gonzalez Sinde é a responsabel do  Ministerio del Entretenimiento ?
-O meu primeiro recordo de Feodor Atkine é a sua “inquedante presenza” en Acción Mutante. Aínda non saín do meu asombro ao velo como galán arrebatador!
...si que dan para cavilar os filmes de Rohmer…
febreiro 2nd, 2010

Os videoclips de Spike Jonze

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Música

E xa que tenho o día videoclipeiro…O outro día estaba eu a bater papo con umha amiga e falamos da última peli de Spike Jonze. Obviamente acabamos a falar  do seu mítico video de Fat Boy Slim. E claro, inquedo como son,  deume por repasar a videografía do hominho este. Como podedes ver é extensa, variada e caralluda. Mais  chamoume poderosamente a atención que é autor de dous dos videos cos que eu flipei na adolescencia [cando non había internet e dependíaas dos colegas con parabólica para ver estas cousas] como son o Buddy Holly de Weezer e o Cannonball de The Breeders.

Seica  levo sendo fan de Mr Jonze moitos mais anos do que eu pensaba!

febreiro 2nd, 2010

Jairo Iglesias vs Ruxe Ruxe

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Música

Jairo Iglesias , director que fixo umha interesante triloxía de curtas sobre a guerra civil ven de completar o cadrado coa relización do videoclip de Buratos dos Ruxe Ruxe. Ten o mérito de estar rodado coa Red One A cámra dixital pola que todo friki da imaxe vendería a sua ialma.

Cousa bonita!

xaneiro 26th, 2010

eufalo.tv

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Internete

eufalo.tv cousa [moi] bonita, cousa [moi] necesaria!

beizóns á navalla suiza

xaneiro 26th, 2010

Para mariñeiros nos

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Na enésima demostración de que vivo na pola, descubro con máis de un ano de retraso Para mariñeiros nos, unha destas poderosas mostras do talento audiovisual amateur que tanto che me prestan

xaneiro 19th, 2010

Avatar [eu tamén]

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Finalmente o politburo do CCCP sucumbiu a tentación e foi ver Avatar. Mais antes de comezar coa agardada critica feroz haberá que dicir as cousas boas. E basicamente son que efectivamente a técnica en 3D esta mais que lograda [aínda que en canto te afás,  aos quince minutos, deixa de ser tan abraiante] e que a pesares de durar máis de dúas horas e media non tes a sensación de estar a pasar un suplicio na túa butaca[ o cal ten mérito de vez nesta sociedade do efémero]

Máis tamén é moi certo que é un filme completamente predecibel, obvio diría eu. Mesmo simple de máis.  Hai máis cine nunha escena de El secreto de sus ojos [por comparar con algo que vira recentemente] que en todo a  metraxe da peli de Pandora. Ademais eu non vin por ningumha parte a  suposta radicalidade ecoloxista e pola contra si como  na procura diso o director caeu as veces en horteradas maniqueas que dan grima.

Mais a Cameron hai que reconhecerlle o seu mérito. Moi ao seu pesar, nunca terá o talento de George Lucas, mais astucia ten a reo. Que o cinema faga fronte as súas crises con  formatos espectaculares, e marketing a go-go,  ven de vello. Mais o king of the world ven de triunfar onde outros non o fixeron. Ao box office me remito, [e iso que Avatar custa de media 2 euros mais cara...]. Suponho que a clave de todo será en ter moi clarinho, como o tenhen no Imperio que That´s enterteiment… tara, ta ta rara ra ra...

xaneiro 14th, 2010

El secreto de sus ojos

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Onte, en mais umha demostración do carácter de rabiosa actualidade do CCCP , fun ver El secreto de sus ojos. Fun afortunado de que na Cidade aínda quedara umha sala onde proxectan  umha das 16 copias que aínda circulan deste filme que se estreara en setembro. E digo afortunado porque gostei moito del. Cine moi ben feito en todos os seus aspectos [De feito se eu fora académico do cine espanhol non tería moi claro se votar por esta ou por Celda]  Mais quero salientar a dirección de fotografía de Felix Monti que me pareceu do mais interesante e intelixente que tenho visto en moito tempo.

Deixo aquí a ligazón a un estupendo plano-secuencia da peli, que da mostra da calidade da cinta. Gocen pois!

xaneiro 12th, 2010

Fin do conto

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Un minuto de silencio polo xenio dos diálogos infinitos

[ E aproveito para recordar a cousa bonita que é Cineuropa que permite facer achádegos marabillosos contra a estulticia catódica]

decembro 23rd, 2009

Ataque de pánico

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

En que consiste  a democratización dixital? Pois que (por un poucos centos de $)  os alieníxenas destrúan Montevideo coa mesma calidade coa que destruirían calquera cidade do Imperio Grande… E que mesmo  a industria do imperio acabe abducíndote

Seguinte páxina »

Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.