Maio 7th, 2008

The Hudsucker Proxy

Posted by W. Sobchak in Cinema

hudsucker-proxy.jpgEsto de estar todo o día zapateado na casa ten o  alto risco de caer no perigoso vicio do zapping compulsivo. Numha desas, hoxe topei con The Hudsucker Proxy (a.k.a El Gran Salto) e a parte emotiva do meu cerebro comezou a funcionar. Eu fora a ver este filme ao Salón Teatro por Jannifer Jason Leigh (un dos meus amores platónicos de adolescencia) e sen ter nen a mais remota idea de quen eran os irmans Coen. Sain do cine fascinado ( e iso que Jennifer apenas amosaba pel, algo raro na sua filmografía) a dirección de fotografía, a dirección artistica, a montaxe…. (aquí un exemplo).
Din os críticos que é umha obra menor dos Coen. Pero para min é fundamental xa que foi o primiero vin deles. E por o meu alcume suponho que se poderá deducir que son un absoluto admirador destes dous. Penso que son uns tipos que aman o cine e que mesmo cando fan pelis malas (ladykillers, ou crueldad intolerable) son quen de ofrecer algo fermoso nelas. E paso de entrar polo míudo en cada una das suas multiples obras mestras que ía sair un post de dimensións enciclopedicas.

Ala,  a ver se me animo a dar o paseo terapéutico do día… 

Xaneiro 25th, 2008

Grosse Pointe Blank

Posted by W. Sobchak in Cinema

grossepointeblank.jpg
Onte tiven o melhor momento do día ao ver Grosse Pointe Blank , a.k.a. Un Asesino algo especial (que vivan as traduccións libres ao espanhol!). É un filme inxenioso, satírico e con un humor que roza o absurdo… que mais se pode pedir para esquecerte de un día denso… pois que tenha umha banda sonora caralhuda!

.. hai momentos nos que un non está para Bergman

Xaneiro 11th, 2008

El precio de la leche

Posted by W. Sobchak in Cinema

precio_leche.jpg
Onte estivemos a ver El Precio de la leche, que é um filme neocelandes…  A min pareceume un intento cutre de facer algo en plan David Lynch pero en comedia… Suponho que haberá a quen a saiba desfutar, mais eu estiven desconcertado toda a peli, con cara de …“que caralho é isto?.… Ademáis tampouco axudou a pésima dobraxe…e como dicía o (ex) noso amado lider notengonadamasquedecir 

Novembro 19th, 2007

The Eternal Sunshine of the Spotless Mind

Posted by W. Sobchak in Cinema

spotless.jpg
Un xa estaba convencido de que era imposibel soportar a Jim Carrey (eu non gostei nen de The Truman Show nen de Man on the moon) e vou e acho este filme, que consegiu que me esquecera de que estaba a ver umha peli de Carrey…
The Eternal Sunshine of the Spotless Mind (aka olvidate de mi) está dirixida por Michael Gondry , ao que xa gabaramos no CCCP porThe Scicence of Sleep . Descubrin tarde a este director, pero en boa hora! Gosto moito das suas historias, da sua tecnica narrativa e da sua forma de fotografar. Non é o melhor autor do mundo, pero polo menos ten un punto de vista persoal alonxado de tanta estulticia clónica e adocenada [esto último quedoume como se fora un critico de cine de verdade …]

A pelicula xira en torno ao amor, a paixón, as relacións, o declive destas, a predestinación…. pero sen caer en excesos melodramaticas nen en empalagosos edulcoramentos.

Ademais a prota é Kate Winslet, que xa sabedes que eu son fan.

[Umha moi agradable experiencia, e moito mais se temos en conta que ía dentro do pack: sofa+manta+…]

Outubro 7th, 2007

The Science of Sleep

Posted by W. Sobchak in Cinema

science_sleep.jpg
The Scicence of Sleep( Michel Gondry) está moi lonxe de ser umha peli perfecta, pero da gusto vela.
Da gusto porque de cando en cando presta de vez que te transporten a outros mundos , onde o onírico se mixtura con a realidade , pero sen perder o pequeno toque acedo que a vida ten de por si.
E, por suposto, tamén por esa preciosa escenografía de cartón e celofán (a historia está ambientada en París pero desta vez Paris non sae bonito)…

…E suponho que haberá quen tamen disfrutará vendo a Gael García Bernal , pero non é o meu caso…

Setembro 4th, 2007

Death proof

Posted by W. Sobchak in Cinema

death_proof.jpg
Non descubro nada novo se digo que Tarantino é un pedazo de friki. Mais tamén é un tipo con un grande talento visual, e ademais é un afortunado que pode facer o que lhe pete. E agora apeteceulle rodar unha peli mesturando xeneros de serie B dos anos 70, dos que el mamou de xoven nos autocines que seica tanto abundan nos EUA. Así que ideou unha excusa co seu coleguita Robert Rodriguez ….  O resultado é Death Proff, que en yankilandia estreouse nun único pase xunto a peli de Rodriguez Planet Terror  baixo o nome de Grindhouse e que aquí van por separado (cousas dos departamentos de marketing”)

Aviso a navegantes: A historia é o de menos. O guión limitase a ser un gran contetor onde o director meteu todo o que a el lhe apetecía rodar. E a verdade é que se agradece, porque se algo consigue o amigo Quentin é regalarnos imaxes fermosas.
Ademaís nesta ocasion Tarantino tamén é o director de fotografía, para encargarse personalmente de variar de iluminación e estetica 3 veces durante a pelicula (a mais fermosa a primeira parte sen dubida algumha)  asi como de imitar os efectos do celuloide deteriorado. Pareceme que o seu trabalho é interesante e fermoso

Como era visto,  non faltan os elementos habituais do cine deste home: conversas “intrascendentes” nas que se debate con pasion sobre elementos da cultura popular, os travellings circulares, o obligatorio plano desde o maletero, a exotica banda sonora, o baile sensual, o punto fetichista con os pes, mulheres de beleza turbadora, un actor velha gloria reivindicado (desta volta o mesmisimo snake), a violencia retratada como algo ludico e fermoso… E por suposto todo salpicado con mil e umha metarefencias ao cine dos últimos 40 anos… Haberá quen a esto lhe chame  postmodernidade

Basicamente estamos ante un divertimento. Acción, suspense,tensión… Bruscos cambios de trama e estética… Tarantino seguro que o pasou caralhudamente mentres a facía ,e eu fixen o mesmo vendoa. Mais suponho que haberá que ter un punto friki para disfrutala

[por certo, había tempo que non ía ao cine.. .que incomodas son as butacas!!!]

Xullo 13th, 2007

little miss sunshine

Posted by W. Sobchak in Cinema

sunshine.jpg
E continuando con a serie de  comentarios sobre peliculas de rabiosa actualidade…. a última que vin foi Litlle miss sunshine de Jonathan Dayton e Valerie Faris. Que supoño que xa todo o mundo saberá que foi a peli pseudo-independente que a industria de hollywood apadrinou o ano pasado.
É unha road-movie familiar con tono de comedia agridoce (cousa rara!) que se deixa ver facilmente e que ten cousinhas curiosas de mirar.
Do que mais gostei foi de que é unha historia sobre perdedores (lusers ,que dirian eles). E de como eles chegan a aceptar a sua condición de perdedores. Tema moi espinoso na sociedade yanki, baseada no individualismo e na permanente busqueda do éxito persoal (obviamente dende o CCCP deploramos tal desprecio do estado social…) Quizais por eso tantos estadounidenses sentironse algo identificados con este pequeno filme.
Porque, a fin de contas, lusers somos todos!

Xullo 4th, 2007

Shortbus

Posted by W. Sobchak in Cinema

0shortbus.jpg
Hai pouco que vin Shortbus  de John Cameron Mitchell (aquí o trailer)…  e hai moito que non escribía aquí de cine.
O primieiro de todo: esta é unha pelicula sobre sexo. Iniciase  con unha secuencia explicita de vez, onde os protagonistas retratanse a si mesmos segundo as suas practicas sexuais Hai que decir que  é  explicita e real, os actores estan a foder. Pero todo con unha estética milimetricamente estudiada (tope-fashion). Deste xeito eu penso que esta alonxada da naturalidade de  nine songs (outra peli polémica por a sua explicidade, da que non gostei) e mais proxima ao novo porno de Erika Lust (aquí a sua ultima peli Atchung!: dous rombos)
Despois deste fulgurante incio o filme intenta amosar a evolucion de 3 personaxes, e as suas parellas, mediante a evolución da sua vida sexual. O nexo de unión de todos eles é un local o Short Bus onde se practica o sexo en grupo. Francamente a historia pareceume grandilocuente e inverosimil e ainda non teño nada claro o que o director me quería contar. Por certo que o final pareceume extremandamente malo e artificial
Do que mais gostei foi das transicions entre escenas, que se facían a traves dunha panoramica dun plano en 3D non realista de New York (que é un protagonista mais)
Xa falei da estetica do, abundante, sexo. O que non  me gustou foi  o feito de que case todos os figurantes-sexuais eran donos de esculturais corpos agas algun breve, e intencionado, flash de obesos. Estos últimos supoño que estaba para xustificar a presunta veracidade da historia. Non penso que o acadara pois non vin nin rastro de corpo normais e correntes como o meu.

En definitiva interesante no visual e irrelevante na historia.

[foi agradabel volver a ver unha pelicula que coas coñas xa había tempo que non o facía]

Marzo 6th, 2007

Who killed the electric car?

Posted by W. Sobchak in Cinema

whokilledtheelectriccar.jpg
Who killed the electric car? é um documetal ianki,  feito para os iankis, sobre como os intereses económicos acabarom com o carro electrico, que seica ja era umha realidade.
É o filme ideal se te queres por de mala ostia… Por depender dumha sociedade tam simplista como a dos Estados Unidos, da vontade dos seus políticos,dos seus consumidores, do fodido sistema capitalista neoliberal, e demais cousas bonitas de alem do Atlántico.

Marzo 5th, 2007

Prozac nation

Posted by W. Sobchak in Cinema

prozac_nation.jpg
Prozac Nation é um filme feito por e para Cristina Ricci (esta moça está nos ossos !). Baseado num livro homonimo que seica pretende amosar como o Prozac foi umha ajuda para a protagonista para vencer a depressom.
A película é basante lenta, tem toques de melodrama barato, e mais que a umha mulher deprimida amossa a umha desiquilabrada e maníaca a que entram ganas de golpear…E o pior é que nom hai nengunha reflexiom acerca do prozac, e a nossa sociedade drogadicta legal (bastante mais do que se pensa,segundo me confirmam as minhas fontes boticarias)
Que nom a recomendo, vamos

Xaneiro 22nd, 2007

Art school confidential

Posted by W. Sobchak in Cinema

art_school_confidential.jpg
Art School Confidential é um filme de Terry Zwigoff   , realizador de Ghost World. Tamén esta baseada na banda desenhada de Daniel Clowes . De todo-los jeitos pareceume que tem umha factura menos indie que a sua predecesora. Ademaís o guión mete uns bandazos que mete medo…. Pola contra tem cousas muito boas como a acertada represtentaçom dos freakis que poboam as escolas de Belas Artes (seica som muito semelhantes em todas as partes do mundo) ou umha satira mordaz ao mercado da arte contemporánea. Ta bem para pasar umha tarde sem máis pretensions
Por certo, os “nomeadores” de películas en espanhol acaban de subir un chanzo mais cara o cumio do deliro. Art School Confidential en espanhol é ” El arte de estrangular” en fim….

Xaneiro 15th, 2007

An inconvenient truth

Posted by W. Sobchak in Cinema

an_inconvenient_truth.jpg
An inconvenient truth é um documental. Pero é um documental extranho ja que basicamente filma a conferencia tipo sobre os efectos do aqueçemento global que leva anos impartido ao redor do mundo Al Gore (si , ese home que perdeu por decreto judizial as eleçons fronte a George W.)
É evidente que o filme esta feito para o luzimento de Gore. E nom hai que esqueçer é um home que pertence, de toda a vida, a clase politica dos Estados Unidos.
Umha vez que tenhamos claras estas premisas o filme pode ser un instrumento muito útil (didactico e ameno) para concienzar dos problemas do contaminaçom ambiental aos americanos, que é a quem esta dirigido o filme é que som os que máis contaminam do mundo.
A argumentaçom de Gore de certo que é incomoda, mesmo molesta. Pero nom imos fazer como o avestruz e meter a cabeça num buraco…
A sua concluçom é que a soluçom pasa por um cambio nos habitos a nivel individual (que consumir, reciclar, que transportes utilizar) Um razoamento muito logico para un estadounindese, e co que no CCCP estamos dacordo (que nom se diga oh!)
A campanha do que era o futuro presidente dos EUA nom remata no filme e tem umha web montada a tal efeto.
Deberían projectar “An inconvenient truth” en todo-los colegios dos EUA… claro que hai algum deles que nom dam creto a Darwin asim que nom sei eu…


Este sería o filme ideal para distribuir baixo umha lizencia Creative Commons, pero nom hai quem saque aos iankis do copyright.

Decembro 30th, 2006

The 2006 CCCP Awards

cccp_awards.jpg
Ja que todo quisqui anda a montar as suas proprias listas do melhor do ano, eu nom ía ser menos. Para darlhe um pouco de coherencia falarei do melhor dentro das catergorías que tenho no blogue. E como som galego, e polo tanto indeciso, darei dous premios por categoría, ou exaequo (que queda máis cool)
Arte e desenho: Andrea Costas polo seu projecto “persoal e transferibel“, o melhor que tenho visto este ano tanto a nivel estético como de concepto expositivo. (asemade serviume de inspiraçom para parte do nome do blogue); e Eduardo Roca, porque acadou que por primeira vez na minha vida saira dunha galería con ganas de mercar un quadro (sensaçom que se encarregou de disipar a minha precariedade económica)
Cinema: The devil&Daniel Johnston porque foi do que máis gostei en Cineuropa: e Azul oscuro casi negro, um filme pequeno sem pretensions pero bem rodado, bem contado e bem actuado (que boa é Marta Etura)
Fotografía: Rachel Papo pola sua serie Serial Number 3817131 que consta de fermosos retratos das cativas israelitas que tenhem que fazer o servizo militar; e Kelly Connell polo seu genial trabalho que ten umha grande qualidade tanto estética como formal e no que reflexiona dum jeito muito inteligente sobre a verazidade da fotografía
Internete: a Aduaneiros sem fronteiras, porque os tipos som moi bos desenhadores e asemade conseguem que un blogue en reintegrata seja dos primeiros en visitas no blogomillo; e A regueifa plataforma polo caralhudo labor desinteresado que estam a fazer
Livros: La aventura del tocador de señoras de Eduardo Mendoza, porque conseguiu fazerme rir em malos momentos e eso é máis do que lhe pido a um livro, e La guia trotamundos de México, em especial ao seu capítulo “como salir de Palenque”
Música: The Homens por ser umha grata sorpresa ao vivo e enlatados; e Redemption Song que foi o tema que escoitei obsesivamente este ano.
Outras lerias: A festa da Fraga, festa nacional!

Em breve celebraremos um solemne acto no que o camarada W.Sobchak condecorará aos galardoados…

Decembro 28th, 2006

As Encrobas - A ceo aberto

Posted by W. Sobchak in Cinema


Envíame Emi a ligaçom ao teaser do documental As encrobas-a ceo aberto. Sen dúbida 6 minutos moi potentes. Ja me tarda mirar o documental enteiro . Apenas tenho referenzas do que alí pasou e penso que este filme vai ser um documento clarificador. Por certo, penso que esta dirixido por Bocixa de Zenzar
(a foto é de Xose Castro. O blogue segue sem permitirme publicar videos)

Decembro 26th, 2006

Aliens: a maternidade

Posted by W. Sobchak in Cinema


O outro día numha vibrante sesom de SofavsTV voltei a ver Aliens de James Cameron (mitico título da minha pubertade). Abraiado descubrim que se trata de un filme sobre a maternidade!! (nom estou de brincadeira).
Eu lembraba que tinha fortes doses dos filmes bélicos de comandos mesturada co suspense claustrofobico da primeira parte. Todo esto é certo, pero o verdadeiro conflicto da película é o que existe entre Ripley, e a sua maternidade frustrada, coa rainha nai dos aliens, que faino todo polos seus filhos.
Eso si, resultoume igual de divertida

Seguinte páxina »

Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.