Henri Cartier-Bresson na URSS

Un dos grandes,Henri Cartier-Bresson seica estivo varias veces na URSS captando momentos decisivos. E nos non podemos máis que adorar

Un dos grandes,Henri Cartier-Bresson seica estivo varias veces na URSS captando momentos decisivos. E nos non podemos máis que adorar
Max Sher é un fotografo que naceu pola banda de San Petesburgo ( o de verdade) e medrou pola de Siberia. Con esa bagaxae , era inevitábel que no CCCP gostaramos del

David Chancellor é un fotógrafo da banda de Londres que vive e choia en Sudáfrica.
Prestoume moito a súa serie dos boxeadores non profesionais de Capetón antes e despois do combate

Estiven a mirar o portafolio do alemán Tobias Titz. Aínda ten cousas curiosas
Pareceume especialmente enxeñoso a serie esta na que quita Polaroids retrato da xente e logo tira un primeiro plano das mans suxeitando a foto. Da que pensar, pero no CCCP nunca fomos m8 do noble arte do comentario de texto
Everyday Africa é un tumblr onde diversos fotoxornalistas retratan o día a día no continente a traves de Smart Phones .
Color…

Os retaratos de famosos adoitan resultarme intrascendentes, mais a obra de Michael Tighe paréceme brutal

Karolina Jonderko é unha estudante de fotografía polaca filla dun mineiro . Ten un tumblr cheo de cousas bonitas [e variadas]
Jose Ángel Gonzalez é un fotoxornalista que cambiou as beiras do Sar polas da bahía de San Francisco
De por si, as polaroids fanme estar alerta. Por puro prexuízo. Mais desta volta prestoume esta montaxe [premer para ampliar] de Matteo Varsi
Ao Imperio Grande podemos pórlle moitos defectos, mais temos de reconhecerlle algumhas virtudes. E umha delas sen dúbida é o «fotografables» que son as súas urbes.
Scott Strazzante é un fotografo dun xornal de Chicago, e no seu blog podemos ver o seu traballo devagar. Se cadra hai moita fotografía deportiva, pero as imaxes de rúa non teñen desperdicio. Coido
Un fotógrafo dun pequeno estudo brasileiro vs Un popular modelo dos bancos de imaxe. Segundos fora!

O fotógrafo xaponés Kazúo Kitai visitou o Reino de España alá por 1977 e fotografou a súa noite. Ágora publica un libro con aquel traballo, e aquí podemos ver algunhas das imaxes.
Gostei especialmente porque penso que vivimos nunha sociedade de novos ricos desmemoriados, e non é preciso irse ata o franquiso e Eugene Smith para achar unha realidade menos dourada.
vía papel continuo [ese clásico]

Thèo Gosselin é un fotografo francés que naceu na década dos 90. O seu traballo sería unha sorte de Nan Goldin, mais europeo e dentro dos tempos postmodernos, superficiais e descridos que lle tocaron vivir.
Presta

Reliquias da guera fría é unha serie de Martin Roemers un deses fotoxornalistas dos que tanto gostamos por aquí

As veces presta unha lixera sesión de fotografía naif, como a da francesa Clemence Veilhan
