CCCP

Marzo 20th, 2012

Martin Roemers

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Reliquias da guera fría é unha serie de Martin Roemers un deses fotoxornalistas dos que tanto gostamos por aquí

 

Marzo 16th, 2012

Clemence Veilhan

Posted by W. Sobchak in Fotografía

As veces presta unha lixera sesión de fotografía  naif, como a  da francesa Clemence Veilhan

Marzo 7th, 2012

Andreas Laszlo Konrath

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Andreas naceu perto de Londres a comezos dos 80, fillo dun arquitcto húngaro e unha bailarina de ballet inglesa. Estudou belas artes é marchou para Brooklyn. Foi guitarrista de bandas punkarras e metaleiras. É un apaixonado do Skate e da fotografía. Como era visto, o seu portafolio é extenso e intenso

Novembro 23rd, 2011

adde adesokan

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Os retratos en tríptico de descoñecidos de Adde Adesokan demostran que ainda se poden facer cousas orixinais e bonitas na rede, non?

Novembro 8th, 2011

Gustavo Minas

Posted by W. Sobchak in Fotografía

No flickr de Gustavo Minas podemos dar un paseo polas rúas de Sao Paulo, cunha luz e unhas imaxes un chisco diferentes do que estamos afeitos daquela metropole

Outubro 20th, 2011

Frauke Thielkin

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Andaban onte a circular pola rede a serie de pais e fillos da  xermana Frauke  Thielkin.
Eu non puiden evitar lembrar os primeiros traballos de Andrea Costas

Outubro 18th, 2011

As poderosas imaxes de Javier Teniente

Posted by W. Sobchak in Fotografía
Mais un fotoxornalista. Pero non un máis. Desta volta Javier Teniente, un da banda de Vigo, que ten un traballo e unha traxectoria profesional abraiante. Paga a pena visitar paseninho a súa Web.
Se cadra, compre salientar o seu proxecto Hijos del  Océano. Ambicioso e poderoso proxecto ao redor das cousas do mar [ das que si se poden contar na terra]. Non podemos deixar de mencionalo aquí no CCCP, xa que  gostamos moito dos proxectos mariñeiros ao estilo do Corey Arnold e co espírito do Capetón [por certo que seica Xurxo Souto anda a traballar nun novo libro sobre os mariñeiros galegos, xa nos tarda]
Seica a fundación do banco ese, NoCaGa, estivo a  a facer expos deste traballo.  Aínda que xa remataron. Unha nova mostra da vixencia do CCCP como medio de rabeante actualidade…
Outubro 7th, 2011

Samuel Aranda

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Préstame o fotoxornalismo. Penso que fai mais que certo o tópico ese de “unha imaxe vale mais que 1000”. Nunca deixa de abraiarme a cantidade de fotógrafos afoutos e con talento que hai polo mundo.  Aquí vos deixo a ligazón a Samuel Aranda, un da banda de Santa Coloma de Gramanet.

Como sempre neste xénero, cada foto da para parar nela devagar a escoitar a historia, dura case sempre,  que nos está a contar.

Abril 13th, 2011

Desperately perfect

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Fedellando en entradas antigas do blogue descubrín un novo traballo de Rachel Papo. Se hai anos agasalláranos co seu retrato das mozas israelis no servizo militar, agora volca a súa mirada sobre outro mundo ben marcial, a danza

Está ben que a xente con talento non pare de crear, non?

Marzo 23rd, 2011

Kubrick fotógrafo

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Todos conhecemos os filmes de  Kubrick, ese director talentoso e repunante [ e un chisco sobrevalorado] Pois eu venho de descubrir algunhas das suas fotos tiradas alá na primeira metade do século XX. O que ten ollo, ten ollo. non é?

Xaneiro 12th, 2011

García Rodero no CGAC

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho, Fotografía

Hai no CGAC unha expo de Cristina García Rodero. Ela é unha moi boa fotógrafa. Con unha técnica impecábel. E tira unhas fotos realmente excelentes. Até o de aquí todo correcto
Mais o outro día no TX falaban de que era a visión que a manchega tinha de Galicia. Pois desde ese punto de visto eu tenho pegas. Porque é certo que hai algunhas fotos de “momento decisivo” que son caralludas, propias do  Cartier-Bresson
Pero logo, no que se refire aos retratos está mais próxima a procura de freaks de Diane Arbus que a un retrato social onde reflicta a dignidade dos fotografados, como Eugene Smith cando andou pola peninsula adiante  ou mesmo Ruth Mathilda Anderson moito tempo atrás
E  non che  me presta moito que esa sexa a imaxe que reflicte Galicia. Non sei se me explico

Novembro 30th, 2010

Corey meets Vigo

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Descubro que o  Corey Arnold,  do que xa falaramos, seica andou por vigo e retratou aos , indespensabeis, marinheiros galegos

Lástima de expo [o castromil non chega lá]

E a verdade é que estes  homazos de arriba, emparentan ben cos que retarou Ruth Mathilda Anderson a comezos de século pasado

Agosto 25th, 2010

Ed Van der Elsken

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Venho de pasar un par de semanas na Holanda, e umha das cousas bonitas que descubrín, esta foi no museo de fotografía de Rotterdam,  é  a figura de Ed Van der Elsken, un holandés que de ter sido americano con certeza tería a sona de Goldin & cia

[ainda que na rede esta complicado ver moitas das súas imaxes]

Xuño 14th, 2010

NY, anos 40

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Nova Iorque é a capital do mundo. Non hai dubida. As imaxes da súa xeografía forman parte do subconsciente colectivo mundial. E non falo so do seu Skyline. Coido que as imaxes de NY da primeira metade do século XX son familiares para todo o mundo. Xa sexa polo cinema, ou polos grandes da fotografía.  Mais a beleza da cidade transcende ao talento do retratista.  E como mestra esta galería de flickr de imaxes da Big Apple nos anos 40

Abril 28th, 2010

David McMillan en Chernobyl

Posted by W. Sobchak in Fotografía

As imaxes de Dave McMillan en Chernobyl son extranamente fermosas

vía alg-a

« Páxina anteriorPáxina seguinte »