Febreiro 7th, 2008

Jon Huck

Posted by W. Sobchak in Fotografía

johnhuck.jpg
Umha das útlimas cousas das que gostara antes de meterme no infernal circulo do entroido, foi descubrir a Jon Huck. Un fotógrafo do que gosto das suas imaxes, das ideas dos proxectos e do xeito de esponhelas.
Vamos, que son superfan del !
[comeza a campanha de “regálame algo chulo para o meu cumple” :P ]

Febreiro 1st, 2008

Tractores

Posted by W. Sobchak in Fotografía

pasqualins.jpgLeo en We make money not art sobre umha exposicion da galería berlinesa Zak Gallery de Lukas Kapski
Umha serie de fotos sobre tractores manufacturados polos labregos polacos durante os anos do comunismo.  Todo un exemplo do “do it your self” ante a imposibilidade de mercar un.É certo que a necesidade agudiza o inxenio xa que hai trebelhos curiosos de vez!

Pobres polacos que non tenhen no seu imaxinario popular ao pasqualin! 

Xaneiro 31st, 2008

A camara oscura de Abelardo Morell

Posted by W. Sobchak in Fotografía

abelardo_morell.jpg
A cámara oscura, aparece en todos os manuais de fotografía como o seu antecedente na historia. Tenho lido moitas veces sobre ela. Mais onte vin nun documental  as que fai o fotográfo Abelardo Morell (convertindo toda umha habitacion numha) e fiquei fascinado. Posteriormente tira fotos como a de arriba. O seu branco e negro e bonito, pero en color, tal e como se vía na tele  era abraiante.
Como dicían onte: ” Un fenomeno físico moi doado de reproducir e moi dificil de crer

Xaneiro 28th, 2008

Express Train

Posted by W. Sobchak in Fotografía

ruse.jpg
Que mágoa, descubro Express Train cando xa morreu como proxecto. Era o fotoblog de Travis Ruse, un tipo que vive en New York e que todos os días, camino ao trabalho tomaba fotografías no metro. Todo un exemplo da cousa esta que chaman web 2.0. A paxina xa non se actualiza porque Travis trocou de choio e agora seica vai en bici pola ponte de Brooklyn. Sorte que tenhen alguns…

No arquivo do fotolog hai cousas interesantes de vez!

Xaneiro 20th, 2008

Miradas sobre Carabanchel

Posted by W. Sobchak in Fotografía

carabanchel.jpg

A antigua cadea de Carabanchel en Madrid leva anos fechada. Desde entón xa foi escenario de diversas iniciativas artisticas, desde un concerto de Rosendo ata un interesante video do colectivo EL Perro, sen esquecer aos grafitteiros, que non desaproveitaron nengumha das suas paredes.

Agora e deses lugares abandonados que atraen a moitos fotográfos. Ao redor dela xuntaron esforzos profesionais e non profesionais, dando como resultado umha galería en flickr (de mais de 1200 arquivos) e agora numha atractiva exposición. [aproveitade os que esteades a vivir no imperio pequeno, que seica vai durar pouco]

Fermosa iniciativa e fermosas imaxes.

vía las cosas de Javier Sanchez

Xaneiro 18th, 2008

Homes espidos

Posted by W. Sobchak in Fotografía

martin-toye.jpg
Esta manha vin está foto de Martin Toye no blog de Selva de Esmelle. Non conhecía ao autor, e chamoume a atención que era un fotografo especializado en nús, mais especialmente masculinos.
Persoalmente opino que o corpo da mulher é infinitamente máis bonito co do home. E falo desde umha perspectiva estética e non sexual. Mais está ben intentar achar a beleza masculina.

.. E por suposto, ao tratar estos temas é obrigatorio mencionar ao grandissimo Robert Mapplethorpe.

Xaneiro 17th, 2008

Matt Stuart

Posted by W. Sobchak in Fotografía

 matt_stuart.jpg

Visitar o site de Matt Sutart é como dar un agradabel, e diferente, paseo por Londres

Xaneiro 13th, 2008

Os fotográfos de La Opinión

Posted by W. Sobchak in Fotografía

la_opinion_corunha.jpg
Onte, mentre comíamos un polbo á mugardesa, decubrimos que os fotografos de La Opinión son do máis orixinal que hai por estes lugares, (con moito gran angular e mesmo un olho de pez!). Logo achei que tenhen un blogue propio dentro do xornal.

Xaneiro 10th, 2008

Chris Strong

Posted by W. Sobchak in Fotografía

crish_strong.jpg
Houbo umha epoca en que no CCCP andaba obsesionado cos fotografos escandinavos. Últimamente non fago mais que citar iankis [será por tanta cobertura das primarias de alá] . Aquí tendes o portafolio de Chris Strong [que é de Illinois, será esto parte do efecto Obama…]

Xaneiro 4th, 2008

Amy Stein

Posted by W. Sobchak in Fotografía

amy-stein.jpg
Continuando con umha teima que tenho nos últimos tempos,  Amy Stein é mais umha fotográfa con talento que nos amosa outras visions dos EUA. A imaxe de arriba é da sua serie sobre o Halloween en New York [ a ver se o vindeiro ano vou ata a Padrón, que seica os rapaces ali copiaron esta historia]
Tampouco vos perdades a sua serie sobre  armas&mulheres [non sei por que a minha cabeza veu o mítico tema de  Coz … obviade o video...]

Decembro 14th, 2007

Rebekka Guðleifsdóttir

Posted by W. Sobchak in Fotografía

rebekka.jpg
Falabamos o outro día a Srta Trivia e mais eu de internet como un instrumento máis para “prosperar na vida“. Xa é sábido que esta foi a vía utilizada por frikis inmensos. Tamén no eido do xornalismo temos algun que outro caso. E por suposto, no mundo da fotografía a rede é un elemento fundamental.
E esta intro que acabo de perpetrar ven motivada porque hoxe conhecin o trabalho de Rebekka Guðleifsdóttir.  Umha rapariga islandesa autodidacta que consegiu un autentico éxito na sua conta de flickr. A verdade é que a sua obra é heteroxenea e fermosa.

En definitiva: a rede é un sitio marabilhoso de libre intercambio de ideas.

[a ver se pode seguir asi, porque estes días blogger introduciu restriccións  que o ponhen na senda de enxendros como fotolog ou o myspace…. agardemos que non]

Decembro 10th, 2007

erwin olaf

Posted by W. Sobchak in Fotografía

erwin_olaf.jpg

Estaba eu a fedelhar na Web da agrupación navarra de fotografía cando vin que o home con criterio recomendaba ao holandes Erwin Olaf. Case todo o que lin depois de este fotógrafo falaba dumha figura controvertida de obra hetereoxenea. Abofé. No seu trabalho combina series das que gosto como a da imaxe de arriba con outras de estetica publicitaria que me deixan frío…

E de socato acho a sua serie Fashiom Victim, e non sei se é umha parodia ou non, e non sei se gosto dela ou non…

[Que duro é ser galego]

Novembro 23rd, 2007

Kraneus maximus

Posted by W. Sobchak in Fotografía

kraneus-maximus1.jpgBuscando insectos por internet, apareceu esta pequena marabilha no flickr. Kraneus Maximus é umha serie de fotografías de bonecas realizadas por o desenhador basco plasmate.
Non deixede de ler o texto que acompanha às imaxes :”En un laboratorio de la zona norte de la península se ha estado experimentando con humanos ilícitamente. como consecuencia ha sido creada una nueva subespecie de “humanoides´…´”

Este de seguro que de pequeno gostaba da bola de cristal

Novembro 20th, 2007

Yann Gross

Posted by W. Sobchak in Fotografía

yann_gross.jpg
Ao ver as fotos de Yann Gross  de seguido veu ao meu cerebro a palabra Nebraska (e non sei por que, xa que na vida estiven por lá, nen perto…) Mais a verdade é que  o escenario das suas imaxes é Suiza!!

Novembro 14th, 2007

Sharad Haksar

Posted by W. Sobchak in Fotografía

sharad_haksar.jpg
Sharad Haksar
é un fotógrafo indio. No seu site (bastante incómodo de navegar) podense ver imaxes como a de arriba, na que amosa o contraste entre a India tradicional e as  marcas comerciais do mundo globalizado. Tamén amosa o seu trabalho en publicidade, que tamén é bastante bo.

« Páxina anteriorSeguinte páxina »

Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.