100 anos de Universal

Os estudios Universal cumpren cen anos. E para elo montaron umha poderosa web onde podedes pasar un bo rato , revisitando grandes momentos da historia do cine.

Os estudios Universal cumpren cen anos. E para elo montaron umha poderosa web onde podedes pasar un bo rato , revisitando grandes momentos da historia do cine.

Hai tempo lin nun blog dunha rapariga andaluza unha entrada que comezaba con «os acordais cuando no había zara?» Eu non. E iso que son mais vello que aquela rapaza. En Santiago hai un zara detolavida. Mais cando eu era pícaro o Amancio aínda non se fixera co monopolio do sector [co permiso dos suecos] E claro que está moi ben ter roupa a prezos asumibles, mais en troques sumíronnos a todos na ditadura das súas tendencias [como o horror deste ano dos pantalóns pitillo], con roupa de ínfima calidade fabricada vai ti a saber como.
E toda esta disertación asanhada non é porque ande hoxe especialmente parafuseiro, senón porque o outro día descubrín na de Ze Pequeno a tenda das Saias Ledas e pareceume caralluda. Obviamente haberá quen, aplicando o índice Amancio, as achará caras. Mais se temos en conta que están feitas a medida, e con materiais como dios manda, a cousa cambia, non?
Benvida e sorte Gloria!

Beizóns á xente que puxo a andar o GalegoLab. Nos meus laios ao vento mira que tenho chorado pola sociedade civil. Pois seica existe.
A ver se somos quen de enrolar neste barco a xeración que ven por detrás da nosa
Cando escollín esta profesión que exerzo agora foi, entroutras cousas, polas expectativas dunha inmensidade de tempo libre ao meu dispor… Pois xusto acabado de pasar por dúas das semanas máis atarefadas, e esgotadoras, da minha vida. Mais a rede galega ferve, e non para! E non podo deixar de postear sobre a iniciativa de en galego tamén se fai ciencia. E de toda a campaña non podo deixar de ficar coa opinión de Angel Carrecedo. Porque este señor é unha das mentes máis eminentes do estado, e conforta ver que os xuizosos andan con nos. Do outro lado andan os feridos e duros… (vos xa sabedes quen son)


Falaba hai tempo O pastor [ D.U.P.] que o galego precisaba con urxencia de engrosar a súa serie B. Aquí vai umha pequena aportación desde a banda de Ourense
[ando missing in action porque deixei que me absorbera o choio, mais prometo que umha e non máis..]
Ainda non puxera aquí “non saímos do lixo” a nova serie de komunikando.net e trala que se atopan as persversas mentes tamén responsabeis de proxectos como GalegoZ
Para min ten um estilo moi britanico. Como o resultado de axitar nunha cocteleira a os Monty Python, Benny Hill, Os novos e un chisco de retranca galega (of course!!)
Orellas do Jose Manuel Poza no Vimeo.
Xa abonda de time-lapses modernukis deses, que vivan os time-lapses gorentosos!!
Os clocló é un proxecto de serie online dos alumnos da Escola Audiovisual de Vigo. Agás por pequenos problemas de son, e as veces un ritmo un chisco lento, a cousa promete[ dentro do seu formato, claro está ]
dios no me ha dado otra manera mejor de kotetiko en Vimeo.
Xenial trailer falso de un falso documental!
Isto dos trailers falsos xa deu no seu momento para un festival. E tamén sirve para que a chavalada que se está a formar faga algunhas cousas xeitosiñas

En vista da perigosa alerta vermella que nos ameaza, que mellor plan que vaixar no transibieriano sentados no sofá da casa. E case mellor así, que o Baikal ten de estar un chisco frío nesta epoca do ano
Soundtrack
Obrigadinho a sita Trivia por agasallarme coa ligazón
[a imaxe tireina de aquí]

Exiliado como estou en territorio caselanfalante [ainda que hai quen afirma o contrario], nunha época na que os medios públicos están na mans da brigada de demolizóns, os podcasts galegos son un dos meus últimos recursos para escoitar algo de galego no día a día. Tristamente non hai moitos. Mais para a nosa alegría esta semana voltou, desde os estudios Grozni, o clásico podcast de autor ouveos na noite !!
[a imaxe é de Correa Carvalho]

Pois si, O Xurxo voltou por un día. Xa se pode escoitar en Komunikando.net a gravación do re-aberto por reformas. Grazas a asociación de mozos e mozas de Beluso gravouse mais umha edición deste programa que segue a parecerme imprescindibel [e non esquezamos como acabaron con el]
E mentres nos medios públicos nos negan servicios básicos non queda outra que depender da sociedade civil. E é un bo momento para parebenizar a Uxio que ven de celebrar o programa nº 50 do seu podcast Commons baby
[a foto é de xabicas]
Sei pouca cousa de Burela: os caboverdianos, o atún, que ten un alcalde que gosta do senderismo, que estudiei na carreira con un rapaz de alí, e pouco máis… Mais vendo este video afirmo que souberon solucionar o que noutros sitios non [ponhenseme os pelos crespos da emoción ao ver/escoitar ao cativo peruano do final]
vía tiñádelo que ver
