CCCP

Xuño 8th, 2010

Unha historia que non vou contar

Posted by W. Sobchak in Livros


Umha das cousas que fixen neste pequeno parón blogueiro foi gozar co último libro do Cid Cabido. Xa o premiaron os do gremio, así que eu apenas podo sumarme ao entusiamso.
Presta!

Maio 20th, 2010

Os nomes do traidor

Posted by W. Sobchak in Livros

Seica está de moda a novela negra nórdica. Pois eu ando metido de cheo na galega. E ainda me fai estar entretido. Paseino ben con Os nomes do traidor de Xurxo Sierra Veloso, por certo  companheiro de rede

Maio 3rd, 2010

Agardaba mais da “toalha”

Posted by W. Sobchak in Livros

Por darlle gasto á nova editora, merquei a archifamosa guía do autoestopista. E non estivo mal, mais ,será polas amplas expectativas que en min levantara,  que quedei cun regusto de insatisfacción

Abril 15th, 2010

Umha de conversas literarias

Posted by W. Sobchak in Livros


Aínda que non fale aquí deles [por verdadeiro pudor polo meu escaso criterio] as veces leo libros. E falo  deles cos amigos. Así nas vacacións de primavera aproveitei unha desas tardes grises para compartillar experiencias literarias con un amigo emigrado. Coincidimos ambos nas loas a Dime algo sucio e nas ganas de enchelas canizas coa última de Cid Cabido.  E el recomendoume Firmin.
E faleille eu de que o último que lera, Monte Louro, fixéraseme un chisco costa arriba e de que dáme pereza porme con Obaboak [leva un par de mesas na minha mesa de cama a criar ácaros] E el replicoume louvando con forza, en contraposición, Bilbao-New York-Bilbao e empregándoo como exemplo de escritores que están de pleno no século XXI namentres  outros que andan ancorados no XIX. E segundo o meu sabio amigo aí estaba a causa da nosa desafección por eles

E eu non tenho eu moi claro que sexa o que me acontece a min. Xa que outro día estaba a bater papo con outro coleguita exiliado, e comentáballe que estábame a custar collerlle as voltas ás Sete Palabras [cousa rarísima xa que eu son moi, moi seareiro do autor] E el díxome que acababa de ler Ambulancia e gostara de vez. Eu lera o libro hai 15 anos e tiña moi boa lembranza. Así que rescateino da biblioteca materna e devoreino nun solpor. E gocei del tanto ou máis que a primeira vez.

O conto é que eu entendo que os autores evolucionan segundo avanzan no dominio do seu oficio, mais eu sigo mais ou menos coas mesmas coordenadas nos meus gustos literarios desde hai lustros. E penso que máis ben dentro de xéneros propios do século XX
E de feito o último que lin foi A pista de area. E reconhezo que non é umha obra que vaia a transcender no tempo. Mais a min éche un tipo de lectura que me presta. E a fin de contas é do que se trata, non?

Febreiro 10th, 2010

Olimpita

Posted by W. Sobchak in Livros

Son un grande desconhecedor do underground do Reino de España. Así que ate ben pouco descoñecía por completo a Hernan Migoya.
Souben da súa existencia a partir da polémica coa distribución do seu filme soy un pelele.
Pois Migoya na súa polifacética carreira fixo o roteiro  da novela gráfica Olimpita que desenhou Xoan Marín. E tenho de reconhecer que fiquei gratamente sorprendido pois o que podía derivar en mais un relato moralista politicamente correcto sobre a violencia de xénero e a inmigración, desemboca nun relato oposto ao maniqueísmo asolagado de complexidade moral.
Seica a banda desenhada é un medio perfecto para amosar outras historias e pontos de vista, alén das que filtra o adocenamento dos mass media

Xaneiro 13th, 2010

Precisamos un reconector!

Posted by W. Sobchak in Livros

Recen rematei de ler Sakamura, Corrales y los muertos rientes. E nen se me pasa pola cabeza recomendala xa que é umha novela  tan-tan lixeira con un humor tan-tan poco sutil que ainda non me decidiín sobre si gostei dela ou non. Collinna prestada dumha estantería xa que gostara do primeiro libro do autor, que me parecera un estilo Eduardo Mendoza, mais en peor.

Neste romance o argumento xira ao redor [atchung mini-spoiler!!] dun trebello, o reconector, que sirve para que a xente aprenda un idioma de xeito automático.  No libro utilízanno para que foráneos aprendan linguas vernáculas periféricas , mais  nos ben poderíamos usalos con xente da casa…

[por certo que un dos innumerabeis trasuntos que hai é o Partido Español Por Excelencia, denominación que incorporo desde xa ao meu catálogo]

Novembro 20th, 2009

Dime algo sucio

Posted by W. Sobchak in Livros

Gostei moito do último libro de Diego Ameixeiras. Umha novela das que che fan gozar. E non vou engadir moito máis, que non son eu moito de facer comentarios de texto. O que si quería decir é que o autor  semélla o paradigma de escritor que aprende o oficio, pois o nivel dos seus libros vai medrando exponencialmente.

Eu linno en analóxico [en papel] mais do título estáse a falar porque é dos primeiros e-books en galego. E a minha dubida é se nese formato tamén te agasallan con umha portada tan chula como a de Fran Herbello.

[por certo  seica van sortear un exemplar na de besbe]

Outubro 30th, 2009

Tras do solpor

Posted by W. Sobchak in Livros

Estiven a disfrutar coma nunca grazas ao librinho de Murakami. Linno de vagar, algo moi raro en min. Cada noite un capítulo. E abofé que é precioso

Setembro 10th, 2009

Blankets de Craig Thompson

Posted by W. Sobchak in Livros


Con Blankets de Craig Thompson descubrín que seica vou ser un apaixoado seguidor das autobiografías en banda desenhada. E digo isto porque desfutei do libro como fixera no seu momento con Heroe de Flix. E iso que ambas tenhen estilos e tecnicas diferentes, e que a vida dun tipo da Alemanha pouco ten que ver coa dun raparigo da América profunda. Iso si, os autores de comics semellan ter un nexo común, a paixón polo desenho e a súa utilización como vía de escape  nos tempos duros da mocidade.
En definfiva, o que quería dicir é que  me  presotou o  libro

[que barís  son as visitas á biblioteca da sita  Trivia!]

Setembro 3rd, 2009

A praia dos afogados

Posted by W. Sobchak in Livros


Umha das cousas confesables que fixen estes meses foi ler, e disfrutar de,  A praia dos Afogados de Domingo Villar.  E abofé que suscribo todo o se escribiu sobre ela en apnea no seu día. Ademáis de parecerme que é unha xenealidade narrativa, penso que é moi  instructivo sobre certas realidades galegas . Neste senso cobra relevancia a figura do aragonés Rafael Estévez, [ Mais lamentablemente a día de hoxe hai moitos galegos que son máis alleos a súas raíces que o propio Estévez ]

Daquela eu xa pensara nos paralelismos que a saga de Leo Caldas podía ter coa do sueco Larsson.  Mais non me atrevin a comentalo… e agora en Vieiros saen co mesmo, asi que retomo o meu argumento:
Se queren introducir a alguen na leitura en galego agasallen  un Villar!

Xuño 7th, 2009

A Esmorga

Posted by W. Sobchak in Livros


Por iso de aprofundizar no ourensanismo deume por coller da estantería A Esmorga de Blanco Amor que lera en COU [xa choveu...]
Apenas  podo dicir que redescubrín  un libro caralludo, impresionante, que me fixo desfrutar de vez. Así que recomendo a todo o mundo que non o lera, ou que o tenha medio esquecido coma min, que proceda a súa inmediata leitura.
Ademais das suas numerosas virtudes narrativas, gostei en especial do seu galego. Esta escrito en dialecto ourensano [con algun que outro catalanismo ?] e cheio dun vocabulario vizoso [non tenho eu moi claro que a excesiva normativización da literatura sexa positiva]
Despois desta placentera experiencia coido que vou voltar decote aos nosos escritores vedranhos!

[ a imaxe é de Brocco Lee tirada no roteiro de A esmorga]

Xuño 4th, 2009

Made in Galiza

Posted by W. Sobchak in Livros


Acabo de ler Made in Galiza de Sechu Sende, e seica debía ser dos poucos leitores de galego que ainda non o fixera pois xa vai pola sexta edición

Coa que esta a caer e co sensibilizado que ando foi como ler un manual de autoaxuda. Mais un manual asulagado de pequenas xoias, algumhas  fermosas, outros retranqueiras, outros cheias de sentidinho pero  todas engarzados dentro dun relato global trezand0 a eito.

Non sei como será a lectura de este libro para os castelán-falantes.  Presumo[ polas altas vendas e por cousas que acho en internet ] que o libro esta a ser recomendado en secundaria.  Agardo que sirva para reforzar a lingua de moz@s en fase de desgaleguizarse e por suposto para acadar algún neofalante.  Pois como ben dixo[ máis umha vez] Belen Regueira, Galiza será neofalante ou non sera (galegofalante)

Como xa reivindicara a difunta Va-Ca [resurrección xa!] temos que sentir orgullo dos neofalantes… e de paso facerlle fronte aos repunantes dos neopailáns 

[Por certo a grandiosa portada do libro é de Pancho Lapeña e so por ela estivera a piques de mercalo hai un ano e pico na sargadelos de Ferrol, mais como estaban en plena fase de acoso a Isaac prefirin non darlles gasto]

Maio 27th, 2009

Pan e coitelo

Posted by W. Sobchak in Livros

Para continuar practicando o ourensanismo deume por ler Pan e Coitelo de Bieito Iglesias.  Na capa do libro prometen un relato policial no fraguismo terminal nun transunto liteariro da vila das burgas. Eu xa hai dez anos que lera Miss Ourense e prestarame,  sendo como son devoto da novela negra. Así que a cousa non tinha moita dúbida.
Mais abofé que dez anos  se notan dabondo no oficio dun escritor.  A historia de Bieito ten todos os bos alicientes dunha novela do xénero,  aderezada ademais cun punto de vista  descreído e asulagado de retranca. Mais o seu estilo evolucionou cos anos.  A novela esta  escrita nun galego vizoso e barroco e con un estilo narrativo un chisco complexo. Para un degustador da literatura fast food coma min  resultou un pouco complicada de ler. Mais de seguro que os que saiban aprezar as boas arquitecturas da linguaxe gozarán da leitura

Maio 26th, 2009

Rubia de verano de A. Tomine

Posted by W. Sobchak in Livros


Pois tenho que reconhecer que gosto do xénero independente ianki. Xa sexa no cinema ou na banda desenhada. Mais o certo e que me prestou  Rubia de Verano, que son catro historias nas que Adrian Tomine conta a histoira de catro lusers de esos que seica abundan no individualista imperio.  Pero Tomine contannos, cun gran ritmo narrativo ,  as suas historias sen paternalismos e condescendencias o cal se agradece, ainda que deixe un sabor agridoce.

Maio 21st, 2009

Cuaderno de tormentas

Posted by W. Sobchak in Livros


Para un picheleiro de vello coma min andar fora da aldea nas festas da ascensión causa unha extrana sensación. Será por iso que decidin vivir unha experencia 100 % ourensana así que baixei ata a beira do Minho a ler  Cuaderno de Tormentas de David Rubín.

Nunca lera nada longo de Rubin, mais hai tempo que gosto do seu xeito de desenhar O libor prestoume . Ainda que esta lonxe das cousas de banda desenhada que eu tenho lido [compre salientar que estou lonxe de ser un experto no tema]  Cando me volten preguntar sobre si existen tebeos para adultos  xa tenho unha referencia segura que citar.

Ao comezo do libro non puiden evitar lembrarme de Odio mi oficio [non achei mellor link]  de Los Deltonos, que sen dubida sería unha perfecta banda sonora para o seu prólogo. Ainda que para ter sido unha experiencia completamente ourensana teria de terme lembrado de estoutra

« Páxina anteriorPáxina seguinte »