CCCP

Decembro 2nd, 2010

Terbutalina

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”iDAs73D3nh0″ width=”450″][/gv]

No audiovisual fan teasers para ir xerando expectación. Pois seica as bandas garaxeiras gravan os seus ensaios co mesmo fin.

E no meu caso conseguíronno! que xa me tara ver ao vivo a estes tipos da parte de arriba da minha ría. E compre salientar que polo medio anda o poeta galego vivo máis talentoso [Reixa xa non é poeta, é empresario]

Novembro 22nd, 2010

Decadencia

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”bzpBRIM1KpI” width=”450″][/gv]

Con certeza, se ao abrir o CCCP alguén me advertira de que ía rematar posteando un vídeo dun rapeiro sevillano ( por calquera das dúas acepcións) eu chancearía con el por estar mais bébedo que Sue Ellen…

Máis mira ti por onde, préstame este tema do Tote King. As bases parécenme caralludas. E concordo no espírito da canción. Porque non sei se o CCCP estará na súa decadencia pero internet ( ou polo menos o seu uso)  abofé que si

Outubro 20th, 2010

20 anos de Diplomáticos

Posted by W. Sobchak in Música

Tenho ido a moitos concertos na minha vida. De grupos cativos, de  vellos dinosauros, de grupos no seu momento álxido… mellores e peores. Mais na minha mente o que está gravado como o mellor de todos foi un duns rapazolos de Monte-alto na praza de Mazarelos de Compostela hai xa unha pila de anos. Obviamente esta consideración transcende o puramente musical, mais iso pasa con todos os concertos, non?
Así que esta sexta feira desprazareime a L’acorunha (voulle propor o topónimo oficial á xunta, que así deixan a todos contentos que o apostrofe te es así como moi enxebre) a volver a sentir esa paixón que queima no peito mentres se me poñen os pelos crespos da emoción.
Por certo , que aínda non atopei con quen ir. Así que se aínda queda algún lector do blogue, e vai ir, que me avise!
Saúde Carnochos!
Xullo 2nd, 2010

Galiza Bravú

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Música


Como gran seareiro que son daquela paixón que queimaba no peito, gostei moito deste documental de Xaime Miranda que anda estes días pola rede adíante
Recomendo tamén a visión do traballo de Sonia Barros do 97 en pleno estalo do movemento. E ver o que fai o tempo no corpo humano… (ollo a Fran Amil!!)

E para rematar, nunca esta de mais ver mais unha vez o video de parrús, non?… e conhecedes a versión que fixeron os galegoz para o disco-homenaxe 120 capadores???

Maio 3rd, 2010

Fluzo 100% sen condensar

Posted by W. Sobchak in Música

Apenas quería comentar que comparto ao cento por certo o entusiasmo polo novo traballo de Fluzo

e non tenho nada mais que dicir

Abril 14th, 2010

Skornabois: planta-te

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”N4njEXxVK1I” width=”450″ height=”344″][/gv]

Ando coa cabeza enleada en cousas feas, e non consigo centrarme. Nin en postear, nin en nada. E mentres me obrigo a escribir no CCCP acho nos racunhos umha anotación pendente sobre este poderosa peza dos skornabois. E é que hai que estar moi agradecidos a Emilio, Xerman e companha por andar a facer cousas tan vangardistas como estas na nosa lingua xa no século pasado.

[Eu personalmente descubrín este tema  nun CD que vinha coa revista Bravú e que traía un hitazo do Pinto de Herbón]

Marzo 31st, 2010

Cudevaso na de Vaquero

Posted by W. Sobchak in Música

Os Cudevaso estiveron esta fin de semana por Friol.  Mais non foron a nengumha granxa de xovencas, senon a casa doutro Vaquero.  E o resultado non pinta nada mal

Marzo 30th, 2010

Quempallou gaiteiros!

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”IiuFD3KrhHI” width=”450″ height=”344″][/gv]

A véspera da reconquista paseino quinidiox no concerto dos Quempallou. Tremenda festa montaron.  Coa xente toda a bailar cun sorriso permanente na cara.

E a parte tenhen pezas tan acaidas como a de arriba.  Pois iso, gaiteiros!

Marzo 29th, 2010

Som do galpom

Posted by W. Sobchak in Música


O sábado fun ver aos Som do Galpom [myspace] á iguana. Era umha visita obrigada, xa que, aínda que son moi seareiro da súa musica enlatada, non os vía ao vivo desde o outono de 2006, cando con umha formación moi distinta tocaron nun feixe de magostos da zona vella de Compostela.
E abofé que evolucionaron! Os da Moninha a parte de ter umha música  interesante de vez,  son uns músicos caralludos ao vivo [por momentos lindaron co Jazz]. E nótanselle as táboas numha interesante proposta escénica. Prestou!

Se cadra había menos xente da que eles merecían [mal dia coa mestura reconquista/semana santa] E mesmo houbo algún despistado que non sabía o que ía ver ,e que non entendeu nada e fixo algún que outro comentario absurdo. E isto proba que en Galiza comeza a haber un abismo cultural, hai xente que non leva umha aldea no corazón!. Mais os repunantes non merecen que gaste mais tempo…

En fin, que non fagades coma min e non esperedes tres anos e pico para ir gozar co funky-reagge-rap!

[a imaxe collinna prestada á Marisol]

Marzo 5th, 2010

Sane MacGowan e amigos por Haiti

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”cf69vIQL_u8″ width=”450″ height=”344″][/gv]

Os malditos tamén tenhen coraçao!

Debe de ser dos primeiros videos benéficos non-hortera que vexo

Vía Contracultura

Marzo 1st, 2010

Kastomä “Grelo 66”

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”xAo5DHshALk” width=”450″ height=”344″][/gv]

Sinto umha grande admiración  pola xente que combate a molicie tratando de crear cousas bonitas. E abofé que os Kastomä levan anos a  facelo

Xenuíno Son Cerceda Hoygan!

Febreiro 22nd, 2010

Catch the Sun – Niño y Pistola

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Música

[gv data=”kK0f0CEw0Jw” width=”450″ height=”344″][/gv]

Vía fame&fortune descubrín este divertido video dos Niño y Pistola. Vaise espallando a tendencia de facer videos con catro patacóns e moito sentido do humor entre os indies [ainda que non é nada novo]

Febreiro 2nd, 2010

Os videoclips de Spike Jonze

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Música

E xa que tenho o día videoclipeiro…O outro día estaba eu a bater papo con umha amiga e falamos da última peli de Spike Jonze. Obviamente acabamos a falar  do seu mítico video de Fat Boy Slim. E claro, inquedo como son,  deume por repasar a videografía do hominho este. Como podedes ver é extensa, variada e caralluda. Mais  chamoume poderosamente a atención que é autor de dous dos videos cos que eu flipei na adolescencia [cando non había internet e dependíaas dos colegas con parabólica para ver estas cousas] como son o Buddy Holly de Weezer e o Cannonball de The Breeders.

Seica  levo sendo fan de Mr Jonze moitos mais anos do que eu pensaba!

Febreiro 2nd, 2010

Jairo Iglesias vs Ruxe Ruxe

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Música

Jairo Iglesias , director que fixo umha interesante triloxía de curtas sobre a guerra civil ven de completar o cadrado coa relización do videoclip de Buratos dos Ruxe Ruxe. Ten o mérito de estar rodado coa Red One A cámra dixital pola que todo friki da imaxe vendería a sua ialma.

Cousa bonita!

Febreiro 1st, 2010

Fluzo-Mundo verde

Posted by W. Sobchak in Música

Sabedes cando escoitas de primeiras umha peza, e xa desde o comezo  gostas de vez? E tes ganas de escoitala compulsivamente. E saes a dar umha volta e non paras de cantarruxala…

Pois iso é o que me aconteceu hoxe a min desde que descubrín na de Sak Mundo Verde de Fluzo o enésimo proxecto do Jevi.  E deste home eu xa apenas podo dicir que nen flow, nen xeito, nen gaitas. O que ten é talento a esgalla, tanto como para que un tipo tan afastado do hip-hop coma min sinta tanta admiración por el

« Páxina anteriorPáxina seguinte »