Mapa sonoro da cidade de Lugo

Pechen os ollos, poñan uns cascos, denlle ao play e paseen por Lugo!
E mesmo se tes ganas, engades sons ao proxecto
Mágoa que as tapas non se poidan condensar vía sonora…

Pechen os ollos, poñan uns cascos, denlle ao play e paseen por Lugo!
E mesmo se tes ganas, engades sons ao proxecto
Mágoa que as tapas non se poidan condensar vía sonora…
Non é en Costa Rica. É en Cospeito. É o Lagarto das Silvas [lacerta schreiberi], que tiven a sorte de descubrir o outro día pola banda da lagoa da Terra Cha [premer na imaxe para ampliar]
Foi no marco do Curso de identificación de Anfibios e Réptiles que impartiu Martiño Cabana organizado pola Casa das Insuas [a calidade do traballo e as redes que son quen de tecer os naturalistas galegos ten de ser un exemplo para o resto da sociedade civil galega]
E a que vén todo isto? A que é unha mostra máis de que en Galicia temos mil e un tesouros dos que podemos desfrutar e que temos que protexer. Non é preciso ir lonxe para achar mil e unha cousas bonitas.
Pero mentres, na lonxana galaxia dos piratas dos despachos, teiman en acabar con todo o patrimonio que nos deixou a boa xente que estivo por aquí antes ca nos [Por ruindade, abofé. Mais tamén por pura ignorancia]
Todo isto xa o dixeron mellor e ,infinitamente, máis bonito os Fluzo

As filhas saíron rabudas e promoven o activismo. Elas desenhan. Ti podes imprimir e pegar.
Todos somos o emisor, o medio, a canle e o receptor

Non quedan vacas. Non quedan blogues. E mira que eu gostaba deles. Sobre todo dos primitivos,dos «modo diario». Por iso, aínda pasei un bo momento lendo o diario de Ivan Raña. Nel, sobre todo. conta as súas peripecias competindo en triatlóns polo mundo adíante. Mais deixa caer unhas pingas do xénero clásico de «blogue de viaxes». Non é iso exactamente, xa que non admite comentarios.Pero aínda menos mal.O rapas de Ordes, alén dunha grande resistencia física ten un estilo ameno ao escribir. Tamén ten unha vida intensa, abofé, e semella bo tipo
[achtung!. se aborreces as crónicas deportivas non gastes o teu tempo nel]
Por outra banda, o seu colega de disciplina Javier Gomez Noya. Tamén ten un blogue na súa páxina. Mais non lle da moito uso.
Mira que é duro o triatlón, e que pouco recoñecemento económico/social da. Xa sabemos. O fútbol é así. Sorte para os dous en Londres!
O pasado domingo a xente de El escarabajo verde [por cousas como eles paga a pena a televisión pública] aproveitou a actualidade informativa da desfeita nas Fragas do Eume para voltar a emitir o programa «una mina en pico vello«. De visión obrigada para confirmar que os piratas dos despachos pintan rotas podrecidas. Iso si, o seu visionado encabrona bastante.


Xa sei que isto non é un tumblr (se cadra ao sitio iríalle mellor) Mais escachei de risa coa foto e apeteceume colgala!

Arrinca o ano Pereiro con toda a forza que podíamos agardar do talento a esgalla do de Monforte. E como mostra, basta con dar umha vista de ollos á web do espectáculo que Nordesía, Filmanova e Kachet coproducen sobre Lois
E tamén ao vídeo do acto que fixeron o outro día na Coruña para a presentación da súa fotobiografía sonora. Momentos bonitos os que alí se viviron. Bonitos e incribles, ou senón mirade cara o final como o mesmísimo Conselleiro Ilimitado ovaciona a eito a O Leo. Poderoso Pereiro, abofé

O que digo eu que ninguén me discutirá , é que aparte de para falar coas vacas, o galego é un idioma máis que apto para insultar, non?
E como mostra unha fermosa e senlleira lista de 334 formas de galeguizar os teus insultos


Este ano adquirín un hábito cando baixo á cidade á biblio. Polos estantes do corredor que leva até a banda desenhada collo ao chou o primeiro libro en galego que ache e que tenha boa pinta. É un pequeno xogo na procura de alfaias inesperadas.
Pois a pasada segunda feira, escollín un libro de relatos efémeros, dunha rapariga da que non oíra falar na vida (disimulade a minha ignorancia): Iolanda Zuñiga.
E mira ti por onde como desde o sábado é a persoa mais citada no meu reader
[a imaxe é de Pilar Ponte]
As veces hai colisións de planetas tan bonitos, como o da poesía e musica destas mulleres espelidas e os dos rapaces responsabeis do making son, que a colisión resultante flamexa dun xeito moi fermoso
…e todo isto sen necesidade de cruzar a porta de Tannhäuser
Cando escollín esta profesión que exerzo agora foi, entroutras cousas, polas expectativas dunha inmensidade de tempo libre ao meu dispor… Pois xusto acabado de pasar por dúas das semanas máis atarefadas, e esgotadoras, da minha vida. Mais a rede galega ferve, e non para! E non podo deixar de postear sobre a iniciativa de en galego tamén se fai ciencia. E de toda a campaña non podo deixar de ficar coa opinión de Angel Carrecedo. Porque este señor é unha das mentes máis eminentes do estado, e conforta ver que os xuizosos andan con nos. Do outro lado andan os feridos e duros… (vos xa sabedes quen son)

Hoxe que ando a folgar na casa, achei polo pc adíante esta imaxe.. Que non deixa de ser o errado intento de plasmar a tremenda festa que Lamatumbá estaba a montar no pavillón galego en Lorient [mais que conste que culpa foi da sidra bretona!]
Ou tamén podemos asumir que a imaxe é umha lomografía, que éche algo motísimo máis cool…

Acho na web do IES Felix Muriel (Rianxo) esta caralluda galería dos nativos norteamericanos (a.k.a. indios)
E non podo deixar de ter este desacougante sentimento de que estes días tamén nos vimos de ser envíados ás reservas por un feixe de garrafas de «auga de lume»…
[Para despistados aclaro que a de arriba é a imaxe dun grupo de Lakotas non dumha tripulación de marinheiros da costa da Morte... agardemos mellor sorte para a nosa lingua]
