febreiro 6th, 2008

Entroido 08 [ telegram mode]

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

 entroido08.jpg

Buscar peluca. Vinhos parternos. Furgoneta.Springfield. Super 8. Tropicana. Tunearse. Botelhon caseiro. Trasnos. Montreal 76. Trancas &Barrancas. Pinchazo. Copas.  Bailar. Pirata. Abrazos. Guitarreo raquetil. Maniquis. Xastre. Mencer bonito.

Resaca tremenda. Cafe. Canal 4. Durmir

Almorzo carruxo. Bus perdido. Rally a Vilalba. Bus perdido. Esperar. Arriva. Muralha. Trivia. Caldo, mmmmmmm. Protoplasmic girl. 175 km. Verin. Plaza. Farinha. Reecontros. Farinha.  Abrazos. Botellhin. Farinha. Botelhin. Charanga.  Farinha. Botelhin. Orquestra.  Farinha. Botelhin. Bocadilho “Nacho Vidal”. Copas [...lapsus...]. Sarandonga.  Ricardo &Churros, Doblar (polos lados) Non mencer…

Pausa. Bombas palenque. Bica de laza “O entroido esta na calle“. Vermouth (Auga con gas), Cocido esgotado. Cigarrons. Desfile. Leon. 300 km…

EXAUSTO…..

[a verdade é que os acontecimentos darían para un relato dentro do xornalismo gonzo, pero ante o tremendo cansancio que tenho apenas dou para o estilo telegráfico]

xaneiro 31st, 2008

Galiza non se vende

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

galiza_non_sevende.jpg

Chegoume  esta convocatoria por mail vía certos pontestes.

Fágome eco dela xa que concordo 100% cos seus plantexamentos e porque suponho que é umha historia apartidaria [esperemos que ningun  político pisamoquetas tenha o morro de aparecer lá, sendo como son complices da desfeita] E non quero falar moito máis do tema que me enveneno…

xaneiro 25th, 2008

Estombalhado ao sol

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

estomballado.jpg
mimá… estou a padecer S3 dese… e non vos estou nada afeito….  Creo que chegou a hora de facer o típico post que todo o mundo fai nalgun momento:

Eu só quero folgar estombalhado ao sol!!! , [vease imaxe superior, de Somiedo, a modo de exemplo]

soundratck do post 

xaneiro 22nd, 2008

A sede de Spectra

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

sgae_compostela.jpg
Aproveitando o domingo soleado, fun a dar un paseo de parque en parque [que bonita é a minha vila!] e asi cheguei ata Vista Alegre, onde puiden ver rematada a sede local da perversa organización a.k.a $gae. [non ponho epítetos, que esos son de demanda fácil]

Non son quen para facer valoracións arquitectonicas.No tempo que estiven lá, pasou bastante xente. Algúns gostaban do predio, e outros non. Fixome especial gracia a conversa enre dous paisanos:
-Eu a esto xa lhe tenho nome: ” a casa dos picapiedra”
-Eu xa non sei se esto é avanzar ou retroceder… ti me diras… umha pedra encima de outra.

A min o que me chamou poderosamente a atención, é que a parede de entrada está feita con caixas de cd´s! Non sei o que motivou ao arquitecto, mais semelha umha evidente homenaxe a ese soporte que supuxo o primeiro chanzo de gravamenes indirectos que todo quisqui pagamos a esta sociedade sen ánimo de lucro.. Ti me dirás se esto non é provocar!

E todo esto numha semana na que estos tipos estiveron por Santiago, para regocixo da gentebiendetodalavida, para enfado de activistas sociais, e con total indiferencia para a grande maioría da cidade.

E por último un par de ligazóns relacionadas. Por umha parte onte achei, que os Teddy Boys van de sobrados, e seguen a ganhar amigos en todos os sectores. E por outra lin este lucido artigo de Martin Wu.

xaneiro 16th, 2008

fotografar xoias

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

 xoias.jpg

…éche mais dificil do que pode parecer…

xaneiro 9th, 2008

Teleobxetivo

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

teleobjetivo.jpg
Estimados coleguitas, con todos vos o teleobxetivo Sigma 70-300 f4-5.6 APO DG Macro

Mola eh? Pois eu tenho un!!!!!!!!

Disimulade esta mostra de inmadurez materialista, pero as veces recibes sorpresas marabilhosas envoltas en papel de xornal hongkonita (xentilicio que de seguro non existe, mais do que eu gosto de vez)

decembro 19th, 2007

Corpos Disidentes

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

copros_disidentes.jpg
Houbo umha epoca da minha vida na que vía practicamente todo o teatro galego que se facía, máis que nada polo circulo de amizades no que andaba metido. Co tempo funme afastando, un pouco aborrecido debo reconhecer, desa xente e do teatro por extensión.
Así que o outro día  foi un pouco raro voltar ao teatro, algo que fixen tantas veces pero levaba tanto tempo sen facer. A obra foi Corpos Disidentes de Nut Teatro (companhia moi vencelhada a escola de teatro espacio aberto que está na rua de San Pedro en compostela), é o motivo mais que nada a curiosidade por ver o que estan a facer as novas companhías de teatro contemporaneo.

Non vou ser eu o que faga umha extensa critica sobre o expectaculo, mais si direi que o resultado é satisfactorio. Corpos disidentes ofrece un sinfin de imaxes e composicions fermosas. Gostei moito de a linguaxe escénica, a escenografía, a iluminación, a integración de audiviusais, a temática… Interesante de vez!
Máis eu tenho que por umha pega persoal. Tal é como esta estructurada a obra, atopamonos fronte a catro monólogos, que é um formato co que non podo… e menos no teatro galego. A típica dicción teatral, mexturada con acentos neutros (carentes de fonetica galega) e sobre un galego non moi natural provocan que o relato me resulte moi artifical e acho moi complicado implicarme e concentrarme no que me están a contar… Que conste que non é un mal destas actrices en particular senon dun amplio sector dos actores galegos en xeral.

De todo-los xeitos penso que é un expectaculo que paga a pena ver. Se o teatro galego evoluciona así , ainda me vou voltar afeccionar e todo

novembro 24th, 2007

1º aniversario da gloriosa revolucion

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

aniversario.jpg
Tovarich, tal día como hoxe, hai agora 365 memorables e intensas xornadas , comezaba a gloriosa revoluçom do CCCP,  con un emocionado relato de umha noite de rock&roll galego.
Numha data  tan sinalda como a que estamos a conmemorar podemos afirmar que 38702 visitas [ainda que a metade sexan á camarada Chloe] ,326 artigos [mira que son capaz de inventar] e 803 comentários[obrigadinho!] despois seguimos a ter as mesmas ganas de dar a lata que antes!

Así que aqui seguiremos coa nosa gloriosa revolucion cultural persoal… Adiante companheiros… cccperismo ou morte!!!

[...preferin un solemne  comunicado institucional a un intimo relato das cousas bonitas, bastantes. que me deu o invento este ... porque total a quen lhe interesa a vida persoal do pobre W. Sobchak.... Apertas meus... Keep on bloguing!!]

novembro 19th, 2007

Miguel

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

miguel.jpg
Miguel é o que esta a facer o prea comigo numha praia de Porto do Son . Esta imaxe ten xa 12 anos e medio. Miguel foi un bo amigo na adolescencia, que é umha etapa onde, queiras ou non, te cruzas con moitos tipos de ideas cativas.
Hai algun tempo que perdera o contacto con el, pois decidiu apartar do rego que os demais fomos seguindo, en maior ou menor medida, e vivir a vida como a el lhe petaba.

Acaban de chamarme para decirme que Miguel xa non está entre nos.
Decansa en paz amigo, celebro que a vida nos tivera cruzado!

novembro 15th, 2007

Apaga o candil…

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

preto.jpg
Hoxe de 20:00 a 20:05 apagón contra a mudanza climática

Vannos a foder igual, mais polo menos amosar a nosa protesta…. ou non? 

novembro 13th, 2007

flop, flop,flop,flop…

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

monte_caxado.jpg
tou a meditar seriamente en ir vivir ao monte caxado (mapa ). De seguro que lá seria feliz, cual heidi entre cabalos salvaxes, e desfrutaría de doces sonos arrolado polo ruxeruxe dos fedelhos estes : flop,flop,flop,flop...

[o rooibos esta a causar estragos na minha mente...]

novembro 7th, 2007

Chimos es un agujero…

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

43.jpg
Onte, xusto antes de ficar durmido (execelente xeito de buscar doces sonos), tiven umha conversa sobre os chimos… que ricos estaban os morados!!!

Alguen sabe onde podo mercar un paquete destes??????????????

outubro 31st, 2007

O meme dos 8

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

8.jpg
A raiña vermella mándame o meme dos 8.. e eu ando moi espeso esta temporada… asi que paso a citar 8 cousas da minha vida cotiá das que gosto de vez:

1- Bater papo
2- Sofa + manta + peli + …
3- A tortillha de patacas da minha nai [se non leva cebola, non é tortilha]
4- Compartir experiencias culinarias con os carruxos e a xente do seu circulo (de confussom)
5- A fotografía: [admirar.. e perpetrar]
6-A música: [escoitar, danzar, tocar...]
7-Andar polo monte
8-Internet

E tinha que pasarlhe o meme a outros 8 mais ak77 xa me mangou a xente a quen tinha pensado.. asi que me quedo sen contactos :(  ..  quen o lea e non o fixera que o faga!!!

outubro 30th, 2007

Searching cogumelos

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

O pasado sábado estiven polo Ortegal adiante a procura de cogumelos na companha de xente tan interesante como a arriba retratada [ premer para ampliar]

A mudanza climática tamén é mala para os cogumelos… porbres pitufos que van quedar sen casas…

outubro 23rd, 2007

por qué es tan pesao con eso da sgae?

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

sgae_tinglao.jpg
pregúntame moita xente… pois en Público dan algúns dos motivos para xustificalo.

[ata de agora nengun medio se atrevera a contar estas cousas... quen teme a Teddy?]

« Previous PageNext Page »

Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.